INICIO
itv maquinaria agrícola 2020
- Detalles
- Categoría: TABOLEIRO
- Publicado o Mércores, 04 Decembro 2019 09:40
- Escrito por admin
- Visitas: 25
ACTIVIDADES PARA NADAL 2019
- Detalles
- Categoría: Cultura
- Publicado o Mércores, 04 Decembro 2019 08:19
- Escrito por admin
- Visitas: 27
ARANGA EN NEGRO
- Detalles
- Categoría: SERVIZOS MUNICIPAIS
- Publicado o Luns, 25 Novembro 2019 07:48
- Escrito por admin
- Visitas: 68
Manifesto 25 de novembro de 2019
En Negro Contra as Violencias
“A violencia de xénero non é un problema que afecte ao ámbito privado. Pola contra, maniféstase como o símbolo máis brutal da desigualdade existente na nosa sociedade. Trátase dunha violencia que se dirixe ás mulleres polo feito mesmo de selo, por ser consideradas, polos seus agresores, carentes dos dereitos mínimos de liberdade, respecto e capacidade de decisión...” Exposición de Motivos da LO 1/2004,de 28 de decembro de Medidas de Protección Integral contra a violencia de xénero
O Concello de ARANGA, xunto a outros cento vintecinco concellos, milleiros de establecementos, empresas e colectivos que están a tinguir Galicia, unímonos a esta acción social contra as violencias machistas para manifestar a máis absoluta repulsa ante todo tipo de violencias contra as mulleres, e de xeito máis enérxico, a súa consecuencia máis extrema, os asasinatos.
Este ano –segundo datos oficiais– foron asasinadas 51 mulleres en España, sen contar as mortes ‘colaterais’, asasinadas por estar ao lado da vítima, por ser irmá, filla ou nai. No caso de Galicia o contador suma xa cinco. Cinco mulleres foron asasinadas a mans de homes dos que pretendían afastarse: Maria José, Sandra, Alba y María Elena en Valga e Mari Carmen en Vilalba. A rabia e o desconsolo fainos seguir avanzando nesta andaina, e empúrranos a vestir de negro como símbolo de loito, pero tamén de loita.
Sabemos que a morte é a última e máis extrema das violencias machistas, pero que son moitas máis e de moi diferentes formas as violencias que rodean e perseguen ás mulleres. Nos últimos meses atopámonos coa dobre agresión que sofren as mulleres vítimas de violacións en grupo e de sentenzas que subestiman a situación de indefensión ante os agresores. Para afrontar todas estas violencias, é preciso recoñecer as graves fendas de xénero existentes no ámbito social, económico, cultural; compre atallar as causas estruturais e sociais que sustentan estas desigualdades a través de políticas reais para a promoción da igualdade e a prevención das violencias, contemplar recursos humanos e económicos para o seu correcto desenvolvemento, no ámbito da educación, da xustiza, dos coidados... por iso, este ano, queremos precisamente incidir na prevención, facendo o chamamento de CONTRA AS VIOLENCIAS, EDUCACIÓN!
Tamén queremos denunciar a complicidade de quen acubilla e silencia estas violencias, porque quen actúa con complicidade e mirando para outro lado, tamén é culpable!
Desde o Concello de Aranga queremos reiterar neste 25 de novembro, o noso compromiso na loita pola erradicación das violencias contra as mulleres e combatelas con todos os recursos ao noso alcance, e incluír a todas e a todos nesta loita, axentes sociais, institucións, cidadanía, medios de comunicación… recoñecendo a importancia do papel das entidades locais en tanto poderes públicos próximos ás realidades que viven as mulleres e as crianzas.
Xuntas, en rede, será máis doado seguir!
Novembro 2019
festival de nadal organizado pola AAVV. Santa Cruz de Aranga e AAVV. San Lourenzo de Vilarraso
- Detalles
- Categoría: ASOCIACIONS
- Publicado o Xoves, 21 Novembro 2019 08:48
- Escrito por admin
- Visitas: 94
imos animar ao Deportivo
- Detalles
- Categoría: Deporte
- Publicado o Xoves, 21 Novembro 2019 08:38
- Escrito por admin
- Visitas: 70
Por que quen é do Depor o é nas maduras e cando veñen duras; ven a animalo no vindeiro partido en Riazor o Sábado contra o Alcorcón.
Dispoñemos de transporte para 18 personas e algunha entrada máis por se queres ir pola túa conta.
Como sempre inscricións en
This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
(ata o venres ás 14:00).
Saída ás 16:00 da Castellana. menores deberán ir acompañados/as.
corte do suministro da auga no lugar da Castellana
- Detalles
- Categoría: INFRAESTRUTURAS DO CONCELLO
- Publicado o Mércores, 06 Novembro 2019 12:30
- Escrito por admin
- Visitas: 144
O xoves día 7 de novembro haberá un corte no subministro de auga no lugar da Castellana, na zona que comprende a beirarrúa onde se atopan a Ferretería Yáñez e o Bar Paco. O corte dará comezo ás 9:30 polo tempo imprescindible para amañar unha rotura.
Desculpen as molestias.