INICIO
corte do suministro da auga no lugar da Castellana
- Detalles
- Categoría: INFRAESTRUTURAS DO CONCELLO
- Publicado o Mércores, 06 Novembro 2019 12:30
- Escrito por admin
- Visitas: 152
O xoves día 7 de novembro haberá un corte no subministro de auga no lugar da Castellana, na zona que comprende a beirarrúa onde se atopan a Ferretería Yáñez e o Bar Paco. O corte dará comezo ás 9:30 polo tempo imprescindible para amañar unha rotura.
Desculpen as molestias.
ENTREGA DE ROZADORA
- Detalles
- Categoría: INFRAESTRUTURAS DO CONCELLO
- Publicado o Venres, 16 Setembro 2016 12:13
- Escrito por admin
- Visitas: 1635
O pasado mércores realizouse a entrega dunha nova rozadora para tractor, o seu uso facilitará as labores de roza que se veñen realizando ao longo do ano por todo o territorio municipal.
Sinatura de convenio
- Detalles
- Categoría: INFRAESTRUTURAS DO CONCELLO
- Publicado o Luns, 05 Setembro 2016 10:30
- Escrito por admin
- Visitas: 1839
O pasado venres asinouse un convenio coa Conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, coa que se levará a cabo unha actuación para instalar unha nova captación de augas e impulsión que garantirá a subministración de auga en calidade e cantidade axeitada a núcleos de poboación.
mellora do saneamento na zona industrial próxima á N-VI no concello de Aranga
- Detalles
- Categoría: INFRAESTRUTURAS DO CONCELLO
- Publicado o Luns, 30 May 2016 09:45
- Escrito por admin
- Visitas: 1847
O pasado 27 de maio de 2016, A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, recibeu ao alcalde de Aranga, Alberto Platas Álvarez, para trasladarlle o seu compromiso para a realización da mellora do saneamento da zona industrial situada nas proximidades da estrada N-VI entre o quilómetro 555.8 ao 557.0, Augas de Galicia revisará nas próximas semanas o proxecto presentado polo Concello, a intención e a de executar neste ano as obras.
REUNIÓN DO ALCALDE DE ARANGA CO DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA
- Detalles
- Categoría: INFRAESTRUTURAS DO CONCELLO
- Publicado o Venres, 18 Marzo 2016 10:53
- Escrito por admin
- Visitas: 2198
No día de onte, o alcalde de Aranga, Alberto Platas, reuníuse co delegado territorial da Xunta, Diego Calvo, coa finalidade de tratar varios temas que lle afectan ao noso concello, entre eles os de mellora nas redes de abastecemento de auga e de saneamento de diversos lugares pertencentes ó concello.
Infraestructuras do concello
- Detalles
- Categoría: INFRAESTRUTURAS DO CONCELLO
- Publicado o Xoves, 13 Outubro 2011 21:18
- Escrito por admin
- Visitas: 3434
Infraestructuras do concello
Durante este ano 2006 leváronse a cabo importantes inversións no Termo Municipal que contribuíron a mellorar as infraestruturas existentes, principalmente as viarias, hidráulicas e eléctricas.
Concretamente , dentro do Plan Provincial de Obras e Servizos de competencia Municipal 2006, iniciáronse as obras de Pavimentación de rúas en tódalas parroquias do Termo Municipal .Así por exemplo pódense destacar na parroquia de Aranga, as pavimentacións que se levan a cabo no núcleo de Pousadoiro e Barreiro, así como en Velauxe.
Na parroquia de Fervenzas apertura e afirmado de Boqueixón a Ta, Milreo, Torrelavandeira e o aparcadoiro da Igrexa de San Vicente. Na parroquia de Villarraso paviméntase, por exemplo, a pista que vai da Nacional VI ata o Pousadoiro á pista de Maques e a pista de Lomba, a pista da Escola de Santiso á Nacional VI e outras. Na parroquia de Muniferral pavimentase a pista de Orracas, a pista de Cerdelo a Carballotorto e o aparcadoiro da Igrexa de Munfierral, entre outras. Na parroquia de Cambas pavimentase a pista de Gallado a Caboaldea e a pista de Moncoso.
Ademais das vías municipais, tamén se pretende a mellora dos abastecementos de auga ós distintos núcleos de poboación , polo que dentro de dito Plan incluíuse a traída de augas de Espiñeira en Cambas e a de Vila Muniferral, incluíndo a instalación dunha caseta para o clorador.
As obras incluídas neste plan cofinancianse por tres Administracións Públicas: O Concello, a Deputación Provincial e a Administración do Estado a través do Ministerio de Administracións Públicas.
Continuando coa mellora das infraestruturas viarias municipais, leváronse a cabo dous proxectos de pavimentacións financiados con cargo ós presupostos municipais: un acondicionamento de camiños na parroquia de Cambas, que incluía a pista de Lousa a Montouto, o asfaltado do núcleo de Espiñeira, a pista de Espiñeira á pista das Leiras ó Gallado, Edreiros e outro proxecto que incluía distintos regos asfálticos en Aranga (Soutullo), Muniferral (Vilidón a Vilela e Cerdelo a Pista de Laxe), Villarraso afirmado de camiño en Carballotorto) e Fervenzas (pista de Milreo).
En materia de alumeado público e coa finalidade de dar cumprimento ó obxectivo marcado polo actual goberno de non deixar a ningún veciño sen luz, leváronse a cabo os proxectos de alumeado público, financiándose exclusivamente ambos proxectos con fondos municipais , un por importe de 22.204,02 € e outro de 24.351,62. Ademais tense previsto, antes de que remate o ano, aprobar un novo proxecto de instalación de alumeado público que complete as necesidades existentes. Concretamente este año instaláronse dous focos novos na parroquia de Cambas, seis na parroquia de Aranga, nove na parroquia de Feas, dous en Fervenzas , cinco en Muniferral e cinco na parroquia de Villarraso.
En materia de infraestruturas hidráulicas construíuse un pozo para subministro de auga potable no Campo de Fútbol das Travesas. Instalouse unha máquina de clorado no depósito de A Castellana e outra igual no depósito de auga de Montesalgueiro. Levouse a cabo a obra de Traída de augas en Vilar e outras, cofinanciada pola Deputación e o Concello, exclusivamente con cargo ós presupostos municipais o Bombeo da fonte de Silvarredonda, tamén se fixo un pozo de barrena en Cazuín ó lado do depósito da auga, coa finalidade de aumentar o caudal de auga da traída de Feás.
En materia de abastecementos, aprobouse a inclusión no Plan Operativo Local, da obra denominada “Abastecemento de auga en Cerdelo , Carballotorto, Santiso, Villoriz e Fervenzas, primeira fase, con captación de depósito de regulación”. Esta obra con un presuposto total de 551.593,58 €, que será proximamente contratada pola Deputación Provincial , é una iniciativa moi transcendente coa que se pretende solucionar o subministro de auga a tódolos lugares do Termo Municipal, bombeando a auga do río Mandeo. Na práctica, tivéronse que tramitar numerosos permisos de distintos organismos públicos para poder levar a cabo o proxecto que suporá , unha vez executado, o piar do subministro de auga en todo o Termo Municipal.
Leváronse a cabo distintas obras en edificios municipais: renováronse as ventás do local social de Toxiño e procedeuse á dotación de equipamento audiovisual do mesmo. Levarase a cabo proximamente una reforma en el local social de Carballal.
En materia de instalacións deportivas vaise levar a cabo a construción dun almacén na pista polideportiva de A Castellana e conclúe a obra de recuperación do Campo de fútbol de As travesas. Ademais do firme procedeuse a instalar un pozo de auga potable e a instalación eléctrica oportuna.
Tense proxectado a construción dunha piscina municipal a curto prazo, estase á espera da cesión da antiga NVI (Ponte da Castellana), asemade crearase un espazo de ocio para que os veciños poidan disfrutar de distintas actividades.
Dentro do Plan Provincial de Cooperación de Obras e Servizos de competencia municipal para o ano 2007 tense proxectado a realización de pavimentación de rúas:
Na parroquia de Cambás nos lugares de Vide , casas de Anxel, Manuel e pista da Vide ó Toxiño, na Graña pista de Hermida do Vilar a Tralorregueiro; na Lousa, pista da Lousa a ramal da Graña e ramal das Ucheiras, na Mahía pista principal da Casa da Revolta á Rilleira .
Estas obras están presupostadas en 56.658,26€
Na parroquia de Muniferral no lugar da Posta: pista do Lavado e Engraxe a pista de Cazuín en Campo de Fútbol, arredores dos vestiarios do Campo de Fútbol, dende o Campo de Fútbol á Posta e da pista de Castromil á pista de Cazuín.
Na parroquia de Villarraso: no lugar de Orosa pista de NVI a Troncos polo Campo; en Carballotorto: pista de Graña a Carballotorto, plazuela e ramal á fonte; en Santiso: pista da Castellana a Santiso pola Cañota; no lugar de Villarraso, asfaltado do aparcadoiro da Igrexa.
Estas obras están presupostadas en 52.535.56€
Na parroquia de Aranga; no lugar de Carballal: pista da principal á Capela, accesos ás casas Aguiar, Domingo e Francisco; na Follanzá: acceso á casa de Francisco; nas Barbudas: pista do Muiñeiro; Reborica, pista de Aldea de Abaixo; en Vilares pista de Vilares á casa Caínzos e acceso á casa Roso.
Na parroquia de Feás; no lugar de Caropa, acceso á casa de Ramón Maceiras; no lugar de Anta: pista dende NVI a casas da Anta, acceso a casa Pura Paredes e acceso á casa Amenedo; en Cazuín: acceso á casa granxa de Cazuín e acceso ó núcleo da aldea; No Cruceiro-Aturela: pista de Cruceiro a Ponte Xielas e asfaltado xunto ó Cruceiro.
Na parroquia de Fervenzas; no lugar de Portoscalvos acceso á casa de Andrés e casa Xosé Manuel, así como a pista de Portoscalvos á Tragallía; en Silvaredonda: pista da fonte de Silvarredonda á estrada de Curtis; en Milreo: acceso á casa de Deogracias, pistas as casas de García e Raimundo tamén se pavimentarán as plazuelas.
Estas obras están presupostadas en 41.641,56€
Dentro do mesmo plan tense proxectado o abastecemento de augas dos lugares de Vilar-Serra e Outros -3ª Fase, cun presuposto de 57.265,26€. Nestas obras utilizaranse 1.050m (dúas tubarias) dende Portosalmallos a Penedo do Seixo e 5.700m (unha tubaria) dende Penedo do Seixo á Serra.
As obras descritas para o 2007 son as que xa están proxectadas, no caso de que se presenten outras necesidades poderá estudarse a súa realización.