INICIO

VISITA DA DELEGADA TERRITORIAL DA XUNTA DE GALICIA

          

             delegada

        A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, visitou esta mañá en Aranga o Roadshow Movistar Galicia, a aula móbil que ten por obxectivo achegar as vantaxes e utilidades de internet á poboación rural e dar a coñecer os avances do Plan de Banda Larga do Goberno galego.

           No acto estivo acompañada polo alcalde do municipio, Alberto Platas. Esta iniciativa, froito da colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Movistar, céntrase nos municipios aos que o teleoperador e o Plan de Banda Larga da Xunta xa posibilitaron a conexión á rede. A aula móbil visitará ata mediados de abril 82 municipios galegos.

         A máxima representante do Goberno galego na Coruña destacou a importancia de informar aos cidadáns dos avances na súa localidade do Plan de Banda Larga, impulsado desde a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e de fomentar o uso de internet, “divulgando as vantaxes que proporciona no día a día tanto para os propios veciños como para as empresas”. “O acceso á banda larga de calidade permite aos galegos extraer o máximo aproveitamento das novas tecnoloxías como dinamizadoras económicas e xeradoras de competitividade e innovación nos diferentes sectores produtivos”, apuntou Do Campo.

            No caso de Aranga, indicou a delegada, o Plan de Banda Larga proporcionou cobertura a máis de 1.300 habitantes que carecían de conexión á rede, o que supón máis do 61,23% da poboación do municipio. Hai dous anos, o concello carecía practicamente de cobertura e as previsións do departamento autonómico é que esta supere o 98% da poboación a finais de 2013. A porcentaxe restante cubrirase vía satélite.

Información adicional