INICIO

REUNIÓN DO ALCALDE COA CONSELLEIRA DE MEDIO RURAL

mediorural

O 30 de maio o alcalde de Aranga, Alberto Platas Álvarez, reuneuse coa conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez para trasladarlle a necesidade de avanzar no proceso de concentración parcelaria do municipio, ademais tratáronse outros temas de interese relacionados co agro que afectan ao noso concello.

ESTANSE A REALIZAR OS TRABALLOS DE MANTEMENTO DE ZONAS DE OCIO

adrianponteconcello

limpadoarea

INAUGURACIÓN PARQUE EÓLICO CORDAL DE MONTOUTO

foto familia eolicos

O pasado día 17 de marzo de 2015, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, xunto co presidente de Gas Natural FENOSA, Salvador Gabarró, o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e os alcaldes de Aranga, Alberto Platas, e de Guitiriz, Xosé María Teixido, inauguraron o parque eólico Cordal de Montouto, situado entre os Concellos de Aranga e Guitiriz.

inauguracin cordal de montouto

Este parque é o único parque eólico construído en España no ano 2014, e o primeiro que se pon en funcionamento sen ningún tipo de subvención.

Para o Concello de Aranga e a súa veciñanza a existencia destas instalacións supoñen un importante e continuado impulso a nivel económico, durante os 20 anos, que inicialmente, durará a explotación deste parque.

ESTRADA CAMBÁS-IRIXOA

cambasirixoa4

irixoacambas

O día 16 de marzo o Presidente da Deputación, Diego Calvo, visitou, xunto co Alcalde de Aranga, Alberto Platas, e o Alcalde de Irixoa, Antonio Deibe, as obras realizadas na estrada que une os Concellos de Aranga e Irixoa dende a Parroquia de Cambás á de Verís.

Esta obra realizouse con fondos da entidade provincial, é o resultado da colaboración que están a levar os Concellos da Comunidade Intermunicipal Lambre-Mandeo para achegar o maior número de servizos á poboación dos seus municipios.

MELLORAS NA ESTRADA AC-231 DE SOBRADO A CASTELLANA

ac2311 ac2312

 No día de hoxe Belén Docampo, Delegada Territorial da Xunta na Coruña, Francisco Menéndez, Director da Axencia Galega de Infraestruturas  e Felipe de la Vega, Xefe de infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, visitaron xunto co Alcalde e Concelleiros de Aranga,  as obras que se están a rematar na ampliación de acceso do lugar da Carballeira á  estrada AC-231 que vai dende Sobrado á Castellana.

A creación deste carril de aceleración contribuirá á eliminación dun punto moi perigoso no que se teñen rexistrado accidentes debido á mala visibilidade.

ACTO DE ENTREGA DUNHA MOTOBOMBA Ó CONCELLO DE ARANGA


entrega motobomba


O día 9 de marzo foi entregada ó Concello de Aranga unha motobomba por parte da Conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana.

Este vehículo é un ben que sumar ó parque de maquinaria que posúe o concello e  que contribuirá a prestar un maior número de servizos ós veciños do municipio.

A este acto de entrega asisteu O secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, e a delegada da Coruña Belen do Campo.

motobombas


Información adicional