INICIO

O Concello de Aranga - Arquitectura relixiosa

Igrexa de San Paio de Aranga

Trátase dun templo de grandes dimensións, construído a principios do século XVIII en estilo barroco. Presenta planta de cruz latina na que se inscriben tres naves de grandes proporcións. Dous arcos por lado constitúen o coro con cadeirado, baixo os da dereita o baptisterio e aos dous lados unhas escaleiras permiten o ascenso á planta superior. Na nave principal ábrense dúas capelas comunicadas interiormente por arcos de medio canón. Conta cunha torre de tres corpos rematada nunha típica cúpula barroca de clara influencia Compostela. Dos templos parroquiais construídos na bisbarra das Mariñas, é o de maiores proporcións e o único dentro do estilo barroco galego. No ámbito da igrexa de San Paio localízanse diversos elementos comúns a moitas das parroquias que tiñan unha determinada xerarquía dentro dun territorio. Ao lado da igrexa pódense observar os restos do que foi a casa parroquial, co seu pombal e un belo reloxo de sol. Tamén se pode visitar no cemiterio un fermoso cruceiro, composto por unha plataforma cuadrangular de tres bancadas, rematada nun pedestal cunha curiosa roda lisa. A vara posúe unha sección octogonal, rematada nun capitel cilíndrico, adornado con volutas e querubíns. No anverso da cruz, a imaxe de Cristo Crucificado, que inclina a cabeza á dereita. No reverso, a Virxe, en actitude orante, cos dedos entrelazados, atópase sobre unha peaña de dous querubíns. Toda a peza está fabricada en granito, é dunha grande beleza.

Ermida de San Salvador de Pereira-Aranga

Igrexa de San Cristovo de Muniferral

É o único templo de orixe románica que se localiza no concello. Para acceder a el, débese tomar a estrada que comunica Ois con Aranga, preto do cruzamento que se dirixe a Irixoa.

Trátase dunha igrexa dunha única nave con ábside rectangular, edificada no século XII, no estilo que estaba en auxe na época: o románico. Conserva elementos orixinais como os curiosos canzorros zoomorfos e antropomorfos que decoran as naves.

Como tantas outras igrexas da época foi modificada en anos posteriores. A fachada, a espadana e a sancristía foron edificadas en estilo barroco.

Nas inmediacións localízase un curioso cruceiro cunha plataforma cuadrangular de tres bancadas, rematada nun pedestal cúbico. A vara ten unha sección cuadrangular con chafráns coroada por un capitel cuadrangular. A cruz é, sen dúbida, o elemento máis destacado. Os brazos son cuadrangulares, rematados en chafrán e no anverso pódese ver a figura de Cristo Crucificado, con tres cravos e a cabeza ergueita. No reverso localízase unha curiosa figura que representa a San Cristovo, patrón da freguesía.

Trátase dunha representación atípica dentro da temática dos cruceiros. As imaxes deste santo adoitan representar un home rexo que transporta a un neno a ombros. Cristovo, procede do vocábulo Cristóforo, que significa 'condutor de Cristo'.

Ermida de San Cibrán do Pousadoiro-Aranga

Igrexa de San Lourenzo de Vilarraso

Igrexa de San Pedro de Cambás

Ermida de San Vitorio dos Caínzos-Cambás e o Cruceiro da Loba

É moi habitual atopar pequenas igrexas ou ermidas erixidas enriba dun castro ou no ámbito das necrópoles megalíticas. Este é o caso da ermida de San Vitorio. Trátase dunha ermida de planta rectangular cun pequeno espazo cuberto ou cabido na parte frontal. A obra é de granito e con cuberta ou lousado de lousa. A orixe desta ermida e do cruceiro remóntase ao ano 1560.

No interior atópase o San Vitorio, santo milagreiro na honra de quen se celebraba unha romaxe moi concorrida o día 22 de maio. É costume depositar unha esmola polo ventanuco do lado sur, mentres se lle pide un desexo.

O cruceiro está asentado sobre unha plataforma cuadrangular de dúas bancadas rematado nun pedestal, tamén cuadrangular. A vara posúe unha sección octogonal.

No anverso da cruz obsérvase ao cristo crucificado, en baixo relevo. No reverso, a Virxe, igualmente en baixo relevo, en actitude orante. O conxunto está realizado en granito. A conservación deste elemento enfróntase aos constantes embates dos axentes meteorolóxicos; a chuvia e o vento desgastaron, ao longo dos séculos, un dos cruceiros máis antigos de Galicia.

No extremo nordés da Serra das Medoñas do Galiñeiro, localízase o denominado Cruceiro da Loba. Posúe unha plataforma cuadrangular de tres bancadas, rematado nun pedestal cúbico chafranado. O varal posúe unha dobre sección cuadrangular e octogonal. O capitel é cuadrangular e a cruz presenta os brazos en chafrán e os remates florenzados.

Nas inmediacións da ermida, atopamos a Pisada de Roldán, cavidade con forma de pé cunha orixe que se atribúe a Roldán, paladín dos Doce Pares de Francia e sobriño do gran Carlomagno. A lenda di que acudiu coas tropas do emperador a Galicia e contribuíu a expulsar aos mouros. (lendas)

Igrexa de San Vicente de Fervenzas

Ermida de San Salvador de Milreu

Igrexa de San Pedro de Feás

Ermida de San Roque de Flores-Feás

Información adicional