INICIO

O Concello de Aranga - As patuleiriñas

GRUPO MUNICIPAL DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL "PATULEIRIÑAS"

Dende a súa creación como Escola Municipal de Baile e Música tradicional no ano escolar 1996-1997 pasou por unha fase inicial de impartición de clases de baile e pandeireta, a partir do ano 1998 empezou a realizar actuacións en celebracións do Concello como o Día da árbore, sendo tradicional a súa participación dende entón. Algunha das saídas: Día da muiñeira 3 xuño 2000 en Santiago de Compostela, gravación no programa "Luar" o 24 de marzo do ano 2003 e o venres 6 de febreiro de 2004.

No ano escolar 2000-2001 decidiuse realizar por primeira vez unha vestimenta, conformándose así como grupo e iniciando as actuacións en festas parroquiais do noso municipio ao longo do verán (Castellana, Fervenzas, Cambás, Pousadoiro....) acudindo a todas as festas que o solicitaron con gran éxito.

Tamén se comenzou a participar noutras festas dos arredores como Teixeiro o 9 de setembro 2003 ..... O grupo de pandereteiras participou en diversos concursos en Santiago de Compostela e na Coruña en varias ocasións dende o 2003, decidíndose denominar o grupo como "Patuleiriñas".

En canto aos monitores Carlos Vidal Chans foi o iniciador e continuou como monitor do grupo ata o 2005, e neste curso 2005-2006 incorporouse Cristina Sánchez Veiga, nunha nova etapa na que se inicia a formación dun grupo de instrumentación con gaita, tambor...; ano no que se fai unha renovación do vestiario.

Información adicional