O novo conto de J.K. Rowling chega gratis, online e por entregas diarias.

 

“The Ickabog ”, o novo libro para nenas e nenos, escribiuno fai dez anos para distraer aos seus fillos antes de durmir e agora compárteo para facer máis levadeira a situación actual. Dende o pasado mércores podemos atopalo en español.  

Son cinco dos primeiros capítulos traducidos e publicados ata hoxe na web:

www.theickabog.com , con entregas diarias ata o venres 17 de xullo.

J. K. Rowling (DEBRA HURFORD BROWN / Reuters)

Como explicou a propia autora fai uns días na súa web, o libro é un conto infantil “sobre a verdade e o abuso do poder”. Como especifico, a idea, desenvolta fai máis dunha década “non está destinada a lerse como unha resposta ao que está sucedendo no mundo neste intre”. Os temas, engade, son atemporais “e podrían aplicarse a calquera época ou país”. 

Tras publicarse en internet de xeito gratuíto, The Ickabog será levado a libro impreso e en formato dixital en novembro en francés, italiano, alemán, español, portugués de Brasil e inglés. Os beneficios das vendas serán destinados pola autora británica a proxectos que axuden a grupos particularmente afectados pola pandemia. 

Un conto de fadas

Escrito para ser lido en voz alta, The Ickabog é un conto de fadas, ambientado nunha terra imaxinaria, e en calquera caso unha historia completa sen relación cos outros traballos da autora. Destinado a nenos de entre 7 e 9 anos de idade, toda a familia pode desfrutar dela, segundo se pode ler no citado comunicado. 

Ademais, a escritora quere que os nenos e nenas se involucren a medida que se desenvolve a historia, e por iso invita a potenciais artistas mozos/as a participar na ilustración da súa historia. Para iso, anima os pais, nais, titores e titoras que envíen as ilustracións dos seus fillos a un concurso internacional de ilustración ao efecto.  #TheIckabog

Os libros en papel e en formato dixital publicaranse en español pola editorial Salamandra, mentres que sairá en audiolibro en novembro.