📌PROPOSTA DE HOXE: CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 17 MAIO 

 

🎉🎉A data do 17 de maio foi elixida co obxecto de homenaxear a publicación do primeiro exemplar da obra Cantares Galegos, de Rosalía de Castro en 1863, data que marcou o inicio do Rexurdimento  cultural galego. 

 

👉Así nesta data tan sinalada achéganos este vídeo🎞🎞 cun tema inédito que compuxo Luis Vallecillo fai uns anos "Buscando a Rosalía" adicado a Rosalía de Castro. Canción que forma parte do espectáculo "Cantares das Letras", proxecto creado para festexar xunto coas familias o  "Día das Letras Galegas" 

 Esperamos que a desfrutes e poidades compartir.😃

 Xa vai quedando menos!!! 

 👇👇👇

https://youtu.be/tByiyESPfSg

 

👉Tamén vos convidamos a que coñezades os certames, festivais e citas na rede

📌LÍNGUA DE RAPEAR

No marco da programación conmemorativa, os departamentos de Política Lingüística e Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta estrean o novo certame Lingua de rapea🔉🔉r, para apoiar a creatividade e dinamizar a lingua nos usos e espazos de interese para a mocidade. Daranse a coñecer as bases e os premios nos vindeiros días

 

📌IX CERTAME DE RELATOS BREVES DE FEIRAC0

Máis certames xa en marcha para conmemorar as letras, honrar a don Ricardo e dinamizar o galego son os que acaba de poñer en marca Feiraco coa colaboración da Consellería: IX Certame de Relatos Breves Feiraco🧠, inspirados na frase Á sombra daquel carballo centenario… e I Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020, destinado a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. As bases, prazos de participación e premios xa figuran nas redes sociais da cooperativa agrogandeira galega.

 

📌FESTIVAL INTERNACIONAL KEROUAC POESÍA E PERFORMANCE.

E os festivais tamén toman as redes para festexar a lingua galega e homenaxear a Carvalho desde o exterior, como o coñecido Festival Internacional Kerouac Poesía e Performance, que organiza un encontro dixital a través da plataforma Zoom que será retransmitido por Facebook e YouTube Live o mesmo 17 de maio, ás 18:00 horas.⏰⏰ Presentado por Marcos de la Fuente, convida a artistas galegos e representantes do mundo da cultura en Estados Unidos a sumarse á celebración das Letras Galegas.

 

Bo día e lembrade, se nos coidamos, coidamos as nosas persoas queridas, e antes poderemos desfrutar xuntos!!!  Moito ánimo.🌈🌈