INICIO
FONDO DE COMPENSACIÓN AMBIENTAL 2018
- Detalles
- Categoría: Emprego e desenvolvemento local
- Publicado o Martes, 14 Agosto 2018 11:50
- Escrito por admin
- Visitas: 717
Ao abeiro da Orde do 21 de decembro de 2017 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2018, concedeuse ao Concello de Aranga (promotor), xunto cos concellos de Irixioa, Monfero e Vilarmaior unha axuda para a contratación de 8 péons, para levar a cabo o proxecto "Creación e posta en marcha da brigada ambiental 2018", desenvolvendo o seu traballo nos catro concellos participantes.
FESTA DA FRAGA 2018
- Detalles
- Categoría: Federación de Asociacións de Aranga
- Publicado o Luns, 13 Agosto 2018 09:31
- Escrito por admin
- Visitas: 686
anuncio de información publica de proposta de convenio urbanístico ( solo urbanizable de uso industrial en Montesalgueiro)
- Detalles
- Categoría: TABOLEIRO
- Publicado o Luns, 30 Xullo 2018 07:39
- Escrito por admin
- Visitas: 864
De conformidade co disposto no artigo 168 da lei 2/2016 do 10 de febreiro do Solo de Galicia, sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do seguinte á insercción deste anuncio, a proposta de convenio urbanístico de xestión para a execución do sistema xeral de infraestructruas de servizo SXIS-3 do Sector I2 de solo urbanizable de uso industrial en Montesalgueiro,cuxo texto íntegro pódese consultar na secretaria xeral do concello de Aranga ou na páxina web do concello: www.aranga.es.
Aranga, 19 de xullo de 2018
O Alcalde:
Asdo:Alberto Platas Álvarez
anuncio de exposición pública do Inventario Municipal de bens e dereitos da corporación
- Detalles
- Categoría: TABOLEIRO
- Publicado o Xoves, 26 Xullo 2018 08:10
- Escrito por admin
- Visitas: 869
ANUNCIO.-
O pleno municipal de Aranga, na sesión do 17/07/2018 adoptou o acordo de aprobar a formación do Inventario Municipal de bens e dereitos da Corporación a data 31/12/2016. O que se expón ao público para xeral coñecemento e a efectos de que os interesados poidan presentar as alegacións, reclamacións ou suxestión que consideren convenientes, durante o prazo de treinta días contados a partir do día seguinte a insercción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.Igualmente se publicará anuncio no taboleiro de edictos e na páxina web do concello de Aranga.
Aranga, 19 de xullo de 2018
O Alcalde :
Asdo:Alberto Platas Álvarez
Novas en relación ao Orzamento Xeral Municipal para o exercicio 2018
- Detalles
- Categoría: TABOLEIRO
- Publicado o Xoves, 26 Xullo 2018 08:08
- Escrito por admin
- Visitas: 715
O Pleno da Corporación logo de aprobar o Orzamento Xeral Municipal para o exercicio de 2018, o cadro de persoal funcionario e laboral e restante documentación complementaria para o dito exercicio, en cumprimento do que se dispón no artigo 169 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e nas disposicións concordantes, expónse ao público na Secretaría deste Concello, polo prazo de quince días hábiles -que se empezarán a contar desde o día seguinte á inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia- co fin de que durante este prazo poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, as cales deberán ser dirixidas ao Sr. presidente desta Corporación.No caso de non terse presentado reclamacións entenderáse definitivamente aprobado
Aranga, 19 de xullo de 2018
O Alcalde :
Asdo:Alberto Platas Álvarez
valoración dos exames realizados para a selección dun/ha auxiliar-administrativo do departamento de servizos sociais do Concello de Aranga
- Detalles
- Categoría: Novas emprego
- Publicado o Luns, 23 Xullo 2018 10:25
- Escrito por admin
- Visitas: 866
Polo presente anuncio pónse en coñecemento de todos os interesados/as que o tribunal que valorou o proceso convocado para a selección dun/ha auxiliar – administrativo do departamento de servizos sociais do concello de Aranga, procedeu a valoración dos exames realizados o día de hoxe.