INICIO
PROGRAMA "CAPACES E DISPOSTAS" 2019
- Detalles
- Categoría: Servizos Sociais
- Publicado o Venres, 27 Setembro 2019 07:18
- Escrito por admin
- Visitas: 356
DATAS PARA FORMALIZAR O DNI EN BETANZOS
- Detalles
- Categoría: TABOLEIRO
- Publicado o Mércores, 25 Setembro 2019 09:25
- Escrito por admin
- Visitas: 337
acordo da xunta de goberno local en relación as axudas municipais convocadas para o ano 2019
- Detalles
- Categoría: ASOCIACIONS
- Publicado o Martes, 24 Setembro 2019 08:24
- Escrito por admin
- Visitas: 184
Acordo da Xunta de Goberno Local en relación ás axudas solicitadas ao abeiro da convocatoira de axudas municipais para o ano 2019
Axudas para adquisición de material escolar para as familias do concello de Aranga con nenos/as cursando educación infantil ou primaria no centro de ensino sito no termo municipal
- Detalles
- Categoría: SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS
- Publicado o Mércores, 11 Setembro 2019 10:09
- Escrito por admin
- Visitas: 232
Convocatoria de concesión de axudas ao alumnado do CEIP A Castellana para a adquisición de material escolar, curso 2019-2020
Prazo ata o 1 de outubro
Importe das axudas: máximo 75€ por alumno/a e curso, dirixidos a cubrir necesidades nas áreas de instrucción e educación.
Requisitos que deberá reunir o/a solicitante:
-Que un dos pais/titor/a legal e mais o fillo/a para o que se destinará a axuda deberán estar empadroados no concello de Aranga cun mínimo de 6 meses de antiguidade, agás os supostos excepcionais previamente acreditados pola educadora familiar.
-Ten a garda e custodia do/a menor.
-Que o/a menor estea matriculado nalgún curso de infantil ou primaria do centro de ensinanza pública do concello de Aranga.
-Estar ao corrente no pagamento dos tributos municipais
O modelo de solicitude facilitarase nas oficinas municipais.
Documentación que debe acompañar a solicitude:
-DNI do solicitante (pai/nai ou titor/a legal da unidade familiar)
-Libro de familia, certificación literal de nacemento ou calquera outro documento público que garantice a cualidade de titular da garda e custodia.
-No caso de separación ou divorcio será necesario achegar a sentenza recaída ou convenio regulador correspondente.
-Volante de emmpadroamento da unidade familiar onde conste que o/a solicitante e máis o/a fillo/a par ao que se destinará a axuda levan máis de 6 meses empadroados no concello de Aranga.
-Certificación da conta bancaria do/a solicitante.
-Se xa teñen a factura do gasto realizado para o curso escolar 2019/2020, tamén a poden achegar xunto coa solicitude.
As solicitude xunto coa documentación presentaranse no rexistro xeral do concello de Aranga ou nos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Xustificación: antes do 30 de novembro de 2019, presentaranse no rexistro de entrada do concello de Aranga as facturas que acrediten a realización dos gastos para os que foi concedida a axuda.
NOVAS SOBRE O PROXECTO DE HUMANIZACIÓN DU NÚCLEO DA CASTELLANA
- Detalles
- Categoría: Urbanismo
- Publicado o Martes, 03 Setembro 2019 08:43
- Escrito por admin
- Visitas: 162
PROXECTO DE mellora e humanización do núcleo da castellana
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de adxudicar por case 70.000 euros as obras de mellora e humanización do núcleo da Castellana, en Aranga. Trátase dunha actuación froito do convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Aranga.
As obras obxecto deste convenio prevén soterrar as liñas de alimentación, a colocación de novo mobiliario urbanos, como luminarias, bancos, marquesiñas..., a definición de zona de aparcamento para os vehículos, así como paneis, para trasladar información relativa á contorna natural.
Por último, coa execución desta obra dáse cumprimento a tres obxectivos fundamentais do Goberno galego: fomentar a humanización das vilas de Galicia, favorecer a cooperación da Administración autonómica e os concellos e promover o reequilibrio territorial na Comunidade.
ACTIVIDADE DENTRO DO PROGRAMA LER CONTA MOITO
- Detalles
- Categoría: Cultura
- Publicado o Venres, 30 Agosto 2019 08:15
- Escrito por admin
- Visitas: 182