INICIO
TODOS SOMOS IMPORTANTES
- Detalles
- Categoría: Información educación familiar
- Publicado o Martes, 05 Marzo 2013 12:57
- Escrito por admin
- Visitas: 2349
O próximo venres 8 de marzo, conmemorando o día da muller traballadora, presentarase o documental “TODOS SOMOS IMPORTANTES”, enmarcado dentro do II Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes de Aranga 2010-2014, dentro do proxecto para 2012: “Todos valemos, todos facemos, todos somos importantes”
Ler máis:TODOS SOMOS IMPORTANTES
AXENCIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL
- Detalles
- Categoría: Emprego e desenvolvemento local
- Publicado o Luns, 04 Marzo 2013 12:17
- Escrito por admin
- Visitas: 2259
Os Concellos de Aranga, Irixoa e Vilarmaior, contan dende datas recentes co servizo compartido de emprego e desenvolvemento local.
Para a contratación da persoa encargada do servizo tense concedida unha subvención concedida ó Concello de Aranga da Consellería de Traballo e Benestar cofinanciada polo Fondo Social Europeo.
Ler máis:AXENCIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL
ACTIVIDADE FORMATIVA DE PROMOCIÓN DA AGRICULTURA ECOLÓXICA
- Detalles
- Categoría: Emprego e desenvolvemento local
- Publicado o Luns, 25 Febreiro 2013 09:42
- Escrito por admin
- Visitas: 2133
DECLARACIÓN DA REDE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA
- Detalles
- Categoría: TABOLEIRO
- Publicado o Xoves, 21 Febreiro 2013 10:16
- Escrito por admin
- Visitas: 2418
DECLARACIÓN DA REDE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
CON MOTIVO DO
DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA
21 de febreiro de 2013
O Día Internacional da Lingua Materna, instituído pola Unesco no ano 1999, convídanos a contemplar a diversidade lingüística humana coma unha vantaxe que contribúe tanto á riqueza cultural coma ao desenvolvemento dos pobos.
Esta visión tan axeitada e actual contrasta coa tradicional desconfianza que, dende os tempos bíblicos e o mito de Babel, presenta os idiomas como impedimentos para o entendemento entre persoas e comunidades. Mais, paradoxalmente, as linguas non só son os instrumentos de comunicación humana por excelencia, senón tamén os alicerces sobre os que construímos as nosas identidades, tanto individuais coma colectivas.
A Rede de Dinamización Lingüística súmase, pois, con alegría, á celebración do Día da Lingua Materna, cuxa filosofía comparte enteiramente. E faino consciente de que a contribución de Galicia a esa diversidade lingüística, sen a que non é posible o benestar dos pobos e o desenvolvemento equilibrado, é o seu idioma propio, a lingua orixinaria e exclusiva desta terra, portadora dunha cultura particular: o galego.
IV FESTA DO ENTROIDO DE ARANGA
- Detalles
- Categoría: Federación de Asociacións de Aranga
- Publicado o Venres, 01 Febreiro 2013 10:55
- Escrito por admin
- Visitas: 2951
O sábado 23 de febreiro celébrase a festa de Entroido organizada pola Federación Veciñal de Aranga "Fragas do Mandeo", no Polideportivo Municipal da Castellana.
VISITA DA CONSELLEIRA DE TRABALLO E BENESTAR
- Detalles
- Categoría: Emprego e desenvolvemento local
- Publicado o Xoves, 24 Xaneiro 2013 12:44
- Escrito por admin
- Visitas: 2324
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou o 23 de xaneiro o centro de formación onde se están a impartir as clases teóricas do obradoiro de emprego de xardinería.
Os concellos de Aranga, Irixoa, Vilarmaior e Monfero, son beneficiarios dunha axuda que financia a Xunta, que ofrecerá ao longo dos próximos 6 meses unha formación de calidade e un posto de traballo a 20 persoas desempregadas destes municipios.