RESOLUCIÓN SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS 2013

        Por medio da presente comunicación ponse en coñecemento dos interesados que a Xunta de Goberno Local , na sesión que celebrou o día 14 de agosto de 2013, adoptou o seguinte acordo que se transcribe literalmente do borrador da acta :

        “Primeiro:Conceder  subvencións , para cada unha das solicitudes que a continuación se indican, polo importe solicitado, cun coeficiente de financiación será do 1,00 %, tendo en conta as solicitudes sinaladas como prioritarias por cada unha das asociacións e tendo en conta o importe máximo que se pode outorgar ao abeiro da convocatoria  de 2013 ( 1.000,00 €):

        - á  A.VV.SAN LOURENZO VILARRASO    : 1.000,00 € para a organización dun  curso de  dibuxo e pintura.
        
        - ao CLUB XUVENTUDE  CASTELLANA: 1.000,00 € para participación en liga de peñas de primeira división.
        
        - á  SCRD O CRUCEIRO DE FEAS : 1.000 ,00 € para a celebración do Día do socio.
        
        - á A.VV.IGRESARIO DE  FEÁS    : 777,00 €  para a celebración  do día  das Letras Galegas    .
        
        - á   A.HIPICA CABALEIROS  DA CIMA    : 750,00 € para a celebración da Ruta Cabalar.
        
        - á AVV MUNIERRAL ALBA CULTURAL E RECREATIVA: 1.000,00 € para adquisición de trofeos para diferentes campeonatos.
        
        - á A. VV.SANTA CRUZ DE  ARANGA: 1.000,00 €  para a impartición de curso de cestería.
        
        - á  FEDERACION VECIÑAL FRAGAS DO MANDEO: 1.000,00 € para a organizaicón da V  festa  do entroido e o abono do coste do autobus utilizado na excursión organizada por todas as asociacións municipais.
        
        - á ANPA CEIP  A CASTELLANA: 700,00 € para actividades deportivas.
        
        - á A.S.C.SAN SALVADOR DE  FERVENZAS: 1.000,00 € para impartición de curso de ingles.
        
        - á A.C.D. VAL DE ARANGA: 1.000,00 € para a impartición dun Curso de fruticultura.
        
        - á LAURA CENTOIRA YAÑEZ : 1.000,00 € para gastos de Fisioterapia e material deportivo de taewondo.
        
        Segundo: Denegar a subvención solicitada por David Cruz Soto por non ter acreditado a licencia federativa e ser este un requisito establecido na convocatoria( base terceira) , para poder participar na solicitude de subvencións municipais.
    
        Terceiro: O presente acordo seralles notificado expresamente a todos os solicitantes, no prazo de dous meses  e será exposta no taboleiro de anuncios da casa consistorial e na páxina web do Concello. Contra a desestimación expresa ou presunta poderán formularse os recursos que procedan.

        Cuarto: Os beneficiarios deberán manifestar , no prazo de quince días hábiles dende a recepción da notificación da concesión, a súa aceptación expresa, debendo cumprir as obrigas  establecidas na base 7 da convocatoria.

        Quinto: O prazo para xustificar a realización da actividade será de seis meses a contar dende a recepción da comunicación da subvención, poidendo prorrogarse no caso de petición motivada do beneficiario.”


        Aranga, 16 de agosto de 2013
        O alcalde :

        Asdo:Alberto Platas Álvarez

Información adicional