subvencions municipais concedidas 2016

Por medio da presente comunicación ponse en coñecemento dos interesados que a Xunta de Goberno Local , na sesión que celebrou o día 14 de xuño de 2016, adoptou o seguinte acordo que se transcribe literalmente do borrador da acta :

Primeiro: Rexeitar a petición formulada por Futsal da Terra por non cumprir o requisito de inscricpión no Rexistro municipal.

Segundo: Conceder subvencións para cada unha das solicitudes que a continuación se indican, cun coeficiente de financiación do 1,00%, financiándose o 40% das actividades solicitadas e o 25% das inversións solicitadas:

Subvencións para actividades :

- Á AAVV.Santa Cruz de Aranga, 1.200,00 € para a organización dun festival infantil.

- Á AA.VV.San Lourenzo de Vilarraso: 2.400,00 € para a organización de clases de baile.

- A A.E.C.C. 360,00 € con destino á financiación dun programa de educación para a saúde.

- A AA.VV.O Igresario de Feás: 355,20 € con destino á organización da celebración do día das letras galegas.

- A San Salvador de Fervenzas: 2.400,00 € para a impartición dun curso de ingles.

-Á S.C.R.D.O Cruceiro de Feás :224,00 € para a organización de obradoiros, tendo en conta que non se aportou comunicación da orde de preferencia das actividades solicitadas.

- Á Federación Veciñal Fragas do Mandeo : 400,00 € para a celebración da Merenda nas fragas, sen prexuicio de aboar o coste dos autobuses con motivo da excursión organizada anualmente, así como o abono dunha actuación con motivo da celebraciòn da festa do entroido.

A Asociación Hípica Cabaleiros da Cima: 80,00 € para adquisición de trofeos e gastos de imprenta con motivo da celebraciòn da ruta cabalar.

- A A.N.P.A. Ceip A Castellana, 240,00 € para organización de excursión.

- Ao Consello de Ancianos de Cambás, 360,00 € con destino á organización de talleres de estimulación.

- Á Asociación de Mulleres de Cambás, 360,00 e para a organización dun taller de manualidades.

- Á AAVV Muniferral Alba, Cultural e Recreativa: 2.400,00 € para a organización de cursos.

- Ao Club Deportivo Xuventude A Castellana,2.400,00 € con destino á organización de actividades da liga de peñas.

 

Subvención para inversións:

- Á AAVV.Santa Cruz de Aranga , 1.250,00 € para adquisición de carpa desmontable.

- Á AAVV.San Lourenzo de Vilarraso: 2.500,00 € para a realización de obras no aparcadoiro sempre que se solicite previamente a licenza municipal e demáis autorizacións precisas.

- A AA.VV.O Igresario de Feás: 337,50 € para adquisición de estructura-bar desmontable.

-A AAVV San Vicente de Fervenzas :2.500,00 € para a construcción de galpón-almacén da asociación, sempre que previamente solicite o oportuno proxecto para a obtención da licenza municipal.

- A San Salvador de Fervenzas: 1.500,00 € para a adquisición de mobiliario.

-Á S.C.R.D.O Cruceiro de Feás: 1.098,19 € para a adquisición de estufas de pellets para o local social.

- Á Federación Veciñal Fragas do Mandeo, 1.000,00 € para adquisición de estructuras metálicas para a recollida da carpa.

- A ANPA do Ceip A castellana,125,00 € con destino a adquisición de material deportivo.

-Á AAVV Muniferral Alba, Cultural e Recreativa, 2.500,00 € para a reforma do local, previa a presentación do oportuno proxecto e obtención de licenzas.

- Á AA.VV. San Pedro de Cambás 682,50 € para colocación de tarima no local social.

- Ao Club Xuventude A Castellana, 2.475 € para adquisición de material de adestramento.

Terceiro : O presente acordo seralles notificado expresamente a todos os solicitantes, no prazo de dous meses , e será exposto no taboleiro de anuncios da casa consistorial e na páxina web do Concello. Contra a desestimación expresa ou presunta poderán formularse os recursos que procedan.

Cuarto : Os beneficiarios deberán manifestar a aceptación da subvención, manifesetandose que no caso de no comunicar a aceptación, entenderáse aceptada tácitamente, debendo cumprir as obrigas establecidas na base 8 da convocatoria.


Información adicional