SEMANA DEDICADA Á MULLER TRABALLADORA

  • imprimir

A Uned Senior celebrará os actos na casa museo de Rosalia de Castro en Padrón-dirixidos por Don Felipe senen.

Xoves,dia 8 de Marzo -Celebrará os actos nas aulas da Uned Senior con actuación do grupo de música da UNED SENIOR- comida de confraternidade costeada en su totalidade por LA CAIXA y despois o Dr. Marcelino Mosquera falará sobre os problemas de Muller traballadora desde o punto de vista da mediciña-e os impedimentos do ser muller-como a muller traballadora embarazada. E para rematar unha alumna de UNED SENIOR leerá o seu escrito no nome todas as mulleres da nosa universidade. 

¿CANDO NON TRABALLOU A MULLER?

 

A Uned Senior de Xestoso integrada por alumnos dos concellos de Monfero, Aranga e Paderne na provincia de A Coruña e os de Xermade e Guitiriz na provinca de Lugo, dispoñémonos a celebrar o “DÍA DA MULLER TRABALLADORA DO ANO 2012”

Facémolo  cun xantar de irmandade amenizado polo Grupo de Alumnos de Música  dirixidos polo Profesor da propia Uned-Senior.

Pero esta celebración non naceu por brote espontáneo, por eso, queremos facer memoria de cómo chegamos ó día de hoxe:

Desde que se ten noticia da aparición do ser humano no noso planeta, tanto os homes como as mulleres, tivemos  que traballar para gañar o sustento.

Cando eran nómadas, o home cazaba e pescaba e a muller xestaba, criaba a prole e administraba o alimento.

Cando o ser humano deixou de ser nómada para asentarse en comunidades agro-gandeiras, a muller  aumentou as súas tarefas intervindo tamén na criaza de animais domésticos así como nas labores agrícolas. Deste xeito desenrolou a seu labor a muller durrante  tempos inmemoriables.

En España, na Idade Media, a socidade deu un cambio importante, os homes dedicábanse á guerra para defender o cristianismo  gañando terreos á invasión musulmana e tamén apareceron  os oficios dando lugar ó nacemento dos burgos ou vilas.

As mulleres das vilas levabn o peso da casa, a crianza dos fillos, a educación dos mesmos e o coidado dos anciáns ademais de exercer os labores de administración do fogar e os deberes matrimoniais. Se vivían no medio rural, como era o caso da inmensa maioría, tamén se ocupaban dos labores agrícolas e gandeiros.

Algunhas mulleres arriscáronse e deron un paso máis: quixeron realizarse como persoas segundo a súas aptitudes.

A provincia de A Coruña deunos varias mostras de mulleres de talento: Rosalía de Castro, natural de Santiago, Concepción Arenal natural de Ferrol e Emilia Pardo Bazón natural de A Coruña.

 Rosalía de Castro e Abadía (1837-1885). Escritora de renome universal  en lingua galega,que naceu fai agora 175 anos.

Concepción Arenal (1820-1893). Natural de Ferrol que quedou orfa ós oito anos e conseguiu acceder á universidade –contra avontade da súa nai- falsificando o nome e a vestimenta porque naquel entón, a muller non tiña dereito á educación, nin tan siquiera á educación primaria, e moito menos á universitaria. Moitos dos presentes teñen oído decir aquela frase que di: “ LA MUJER Y LA SARTÉN EN LA COCINA ESTÁN BIEN”.(E outras cousas peores)

Concepcióa Arenal fíxose avogada, foi a nai do feminismo e a primeira visitadora de cárceres._

Emilia Prdo Bazán (1851-1921) Escritora e ben próxima a nós pois pasou moito tempo escribindo no Pazo de Meirás, no veciño concello de Sada.

Tanto tempo levando este ritmo de vida, creo na muller unha resiliencia extraordinaria, pero todo ten o seu límite. Non podía seguir sometida ó outro sexo.

Foi no ano 1945, fai tan só 67 anos cando as Nación Unidas promulgaron a Carta da Igualdade de Sexos en San Francisco (EE. UU de América).

Esto significaba un pequeno recoñecemento, aínda que na práctica a muller seguía exercendo as mesmas funcións e nas mesmas condicións de vida.

Foi no ano 2005 cando se celebrou una CUMBRE MUNDIAL na que os Gobernos caeron na conta de que “O PROGRESO DA MULLER É O PROGRESO DE TODOS”.

Aínda que pareza incrible, a muller era considerada como un ser humano de segunda categoría. E aínda  seguen a considerala así institucións de moito prestixio…

Neste momento estamos atendendo a unha revolución femenina que está dando os seus friotos aínda que sexa a un prezo moi elevado. A muller ten garantido o  dereito á educación, á cultura e ó traballo en pé de igualdade co home, polo menos na cultura occidental.

 A certos homes cóstalles aceptalo, pero está claro que a muller de hoxe en día está desposta a facer canto sexa posible para  que este dereito se consolide canto antes non só nos países desenrolados, senón tamén  no mundo enteiro.

As mulleres matriculadas na Uned-Senior de Xestoso superamos tódalas etapas  descritas anteriormente, agora estamos  aprendendo moitas cousas, entre elas o manexo das novas tecnologías, reafirmando a nosa autoestima como mulleres da Galicia rural, defendendo a nosa lingua, a nosa gastronomía, o nosos patrimonio e a nosa historia. Nunha palabra, deixando moi alto o pabellóna da muller  do rural galego da nosa época.

¡FELICITÉMONOS!

Autora: MERCEDES CACHAZA PLATAS, alumna da Uned-Senior.