III FESTA DO ENTROIDO DE ARANGA

carnaval2012O sábado 25 de febreiro de 2012

Lugar: Aparcadoiro da Igrexa Parroquial de San Vicente de Fervenzas

Organiza: Federación Veciñal de Aranga "FRAGAS DO MANDEO"

Programación.

Mañá:

Ás 13:00h . Misa na Igrexa Parroquial de San Vicente de Fervenzas. Actuación do grupo de E.M.F. de Aranga "AS PATULEIRIÑAS".

Ás 14:30h. Poderemos gozar dun xantar co seguinte menú: Empanada, cocido (cacheira, chourizo, patacas, grelos...), roscas, filloas, café, augardente.

Tarde:

Actuación do "DÚO REVELACIÓN", e a actuación dun grupo por determinar.

Entradas xa á venda (Prezo de 15,00€/persoa), os nenos menores de 10 anos, 8,00€. Imprescindible presentación de invitación.

Contactar con calquera membro da A.VV. San Pedro de Cambás; A.VV. San Vicente de Fervenzas; A.VV. Alba de Muniferral e A.VV. San Lourenzo de Vilarraso antes do próximo día 21 de febreiro de 2012

HABERÁ ...

CONCURSO DE DISFRACES CON DOUS PREMIOS ( para o mellor disfrace de nenos, mellor disfrace individual e mellor disfrace de grupo)

CONCURSO DE FILLOAS, cun premio para a mellor filloa de Aranga.

A FEDERACIÓN CONVIDAVOS A QUE TODOS VEÑADES DISFRAZADOS.

COLABORAN:

CONCELLO DE ARANGA

EXCMA. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Información adicional