RECOLLIDA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS 2018

plasticos agricolas

Anuncio de exposición pública do Padrón da Taxa polo Servizo de Recollida de Residuos Sólidos Urbanos de 2018

O Pleno municipal de Aranga , na Sesión que se realizou o día 26 de Abril de 2018, aprobou o Padrón da Taxa polo Servizo de Recollida de Residuos Sólidos Urbanos de 2018, polo que se expón ao público, durante o prazo de quince días hábiles a contar dende o día seguintes ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia aos efectos do establecido no artigo 102.3 da lei 58/2003 de 17 de decembro xeral tributaria, quedando a disposición dos interesados.

Contra o acto de aprobación do padrón e das liquidacións incorporadas a este, poderáse interpoñer o recurso de resposición regulado no artigo 14.2 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2014 do 5 de marzo, ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes dende o día seguinte ao do remate do prazo de exposición pública, que se entenderá rexeitado se ao transcurrer un mes dende a súa presentación non se resolve de maneira expresa.

Contra a resolución do recurso de reposción poderá interpoñerse recurso contencioso administrativo ante o xulgado do contencioso competente, no prazo de dous meses dende a resolución expresa do de resposición ou de seis meses dende a súa interposición no caso de non ser resolto expresamente.

Os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

A recadación da taxa será realizada pola Deputación Provincial da Coruña, por delegación deste concello de Aranga, nos períodos habituais e nas datas e lugares establecidos polo servizo competente do organismo provincial.

Aranga, 27 de Abril de 2018.

O ALCALDE

Asdo./ Alberto Platas Alvarez.

INSPECCIÓNS SULFATADORAS

INSPECCIÓN TÉCNICA DE EQUIPOS DE APLICACIÓN DE FITOSANITARIOS
Informamos aos veciños que o proximo 2 de decembro terá lugar na Castellana ( onde se pasa a ITV ós tractores), as inspeccións ITEAF.

 Reserva de Cita: no teléfono 981.79.25.19 ( en Talleres Castellana: 981.78.95.11)

información:

www.nagarservicios.com/iteaf

  inspeccion sulfatadoras

PUBLICADAS NO BOP AS BASES DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS

Publicadas no BOP da Provincia as bases da convocatoria pública de subvencións municipais para familias e institucións sen fin de lucro para o ano 2016, establecendo o prazo de vinte días hábiles, que se contará a partir do día seguinte á inserción deste anuncio, para a presentación de solicitudes (ata o 29 de abril).

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2016/04/06/2016_0000002304.html

 

 

 

 

APOIO Ó SECTOR LÁCTEO POR PARTE DO CONCELLO DE ARANGA

Despois de ter celebrado un pleno extraordinario no que se aprobou por unanimidade o apoio a situación que denuncian as principais organizacións sindicais agrarias de Galicia o Alcalde de Aranga, asisteu o 13 deste mes a unha reunión coa Conselleira de Medio Rural e varios deputados, onde representantes dos municipios afectados  deron traslado desta situación.

manifa

O Concello de Aranga incorporouse á Plataforma en Defensa do Sector Lácteo, en base ó se se decideu acudir á protesta que se celebrou o 17 deste mes en Santiago, para o que se facilitou ós interesados en asistir  o medio de transporte (autobús), que percorreou distintos puntos do Concello.

RECOLLIDA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS

recollida

Información adicional