Normativa de subvencións de Galicia

NORMATIVA DE SUBVENCIÓNS DE GALICIA

RESUME DA NORMATIVA

normativa asociacions

BENEFICIARIOS DE SUBVENCIÓNS

Beneficiario é a persoa física ou xurídica que (art. 8)

  • Deba realizar o proxecto/actividade obxecto da convocatoria (p.e: clubs, federacións, etc)

  • Se atope na situación que lexitima a súa concesión

Requisitos (art. 10)

  • Admisión: os establecidos na convocatoria

  • Non admisión por criterio da LSG (art. 10.2, 10.3). Cumprimento de obrigas tributarias, coa Seguridade Social e coa Administración pública da comunidade autónoma Xustificación según as formas descritas no art. 10.7, en particular cunha “declaración responsable”

 

  • Non admisión por non xustificar a convocatoria anterior, sen presentar renuncia

Obrigas (ar. 11, 20.3-5, 21.5,27,28,29,31.7,33, 45)

  • Solicitude e concesión:

      • Solicitude da subvención e documentación solicitada. Entrada por rexistro ou art. 38.4 LPAC

      • Subsanación de erros ou falla de documentación (art. 20.5):formas comunicar e prazo

      • Aceptación da subvención no prazo fixado. Non respostar supón aceptala

  • Execución:

      • Realizar proxecto/actividade ou adoitar o comportamento pretendido

      • Publicitar o financiamento público das actividades ou investimentos

      • Comunicar os cambios nos ingresos para a actividade subvencionada (non pode haber beneficio) ou a modificación das circunstancias que fundamentan a concesión.. No caso de exceso de financiamento o beneficiario deberá reintegrar o exceso xunto cos xuros de demora, unindo as cartas de pagamento á correspondente xustificación.

  • Xustificación no prazo previsto

      • Solicitude de aboamento da subvención e documentación requirida

      • Xustificación de facturas do gasto realizado e pagamentos polo requirido (100% ou aboamento):

        • Mediante extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados, selados, e asinados polo beneficiario.

        • No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase xuntar unha relación delas.

        • No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto subvencionado, a xustificación debese realizar sempre mediante a achega do correspondente extracto bancario acompañado da relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, orde de pagamentos da empresa selada polo banco ou recibín do provedor.

        • Con carácter excepcional, nos supostos debidamente xustificados e motivados polo órgano concédente, as bases reguladoras poderán aceptar a xustificación do pagamento mediante recibín do provedor para gastos de escasa contía por importes inferiores a 1.000 euros,.

        • Se realizada a actividade e finalizado o prazo para xustificar se pagase só unha parte dos gastos en que se incorrese, para o efectos de perda do dereito ao cobramento aplicarase o principio de proporcionalidade.

        • A conta xustificativa conterá, con carácter xeral:

          • unha memoria de actuación xustificativa con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos;

          • unha memoria económica cunha relación clasificada dos gastos e investimentos,

          • facturas ou documentos de valor probatorio,

          • certificado no caso de adquisición de bens inmobles,

          • relación detallada doutros ingresos ou subvencións.

        • Os xustificantes orixinais presentados marcaranse cun selo, indicando nel a subvención para cuxa xustificación foron presentados e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á subvención

-Outras: conservar documentos, comprobación, reintegro, e outras establecidas nas bases.

Información adicional