Anuncio de exposición pública do Padrón da Taxa polo Servizo de Recollida de Residuos Sólidos Urbanos de 2018

O Pleno municipal de Aranga , na Sesión que se realizou o día 26 de Abril de 2018, aprobou o Padrón da Taxa polo Servizo de Recollida de Residuos Sólidos Urbanos de 2018, polo que se expón ao público, durante o prazo de quince días hábiles a contar dende o día seguintes ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia aos efectos do establecido no artigo 102.3 da lei 58/2003 de 17 de decembro xeral tributaria, quedando a disposición dos interesados.

Contra o acto de aprobación do padrón e das liquidacións incorporadas a este, poderáse interpoñer o recurso de resposición regulado no artigo 14.2 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2014 do 5 de marzo, ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes dende o día seguinte ao do remate do prazo de exposición pública, que se entenderá rexeitado se ao transcurrer un mes dende a súa presentación non se resolve de maneira expresa.

Contra a resolución do recurso de reposción poderá interpoñerse recurso contencioso administrativo ante o xulgado do contencioso competente, no prazo de dous meses dende a resolución expresa do de resposición ou de seis meses dende a súa interposición no caso de non ser resolto expresamente.

Os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

A recadación da taxa será realizada pola Deputación Provincial da Coruña, por delegación deste concello de Aranga, nos períodos habituais e nas datas e lugares establecidos polo servizo competente do organismo provincial.

Aranga, 27 de Abril de 2018.

O ALCALDE

Asdo./ Alberto Platas Alvarez.

Información adicional