AA.VV."SAN LOURENZO" DE VILARRASO

PRESIDENTA: JOSEFA VÁZQUEZ VÁZQUEZ Teléfono: 663.164.998

VICE-PRESIDENTE: FRANCISCO GONZÁLEZ LAGE Teléfono: 606.089.281

SECRETARIO: JOSÉ ANGEL MARTÍNEZ VÁZQUEZ Teléfono: 656.833.785

TESOREIRO: ANGEL GÓMEZ GÓMEZ, Teléfono: 689.555.848

VOGAL: JOSE ÁNGEL DÍAZ ESPIÑEIRA.

VOGAL: MARTA VIDAL SÁCHEZ , Teléfono: 665.888.665

VOGAL: JOSÉ PÉREZ TOMÉ, Teléfono: 669.539.058

VOGAL: BENIGNO SEOANE BARRAL, Teléfono: 616.564.006

VOGAL: CARLOS COMBO VILAR, Teléfono: 626.956.580

VOGAL: ÁNGEL IVÁN LAVANDEIRA GARCÍA, Teléfono: 659.185.198


VOGAL: CARLOS COMBO VILAR, Teléfono: 626.956.580

VOGAL: ÁNGEL IVÁN LAVANDEIRA GARCÍA, Teléfono: 659.185.198

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SAN LOURENZO DE VILARRASO

cartel baile castellana

A.A.V.V. DE SAN LOURENZO DE VILARRASO

Todos os veciños/-as, feligreses-as, achegados/-as da Parroquia de Vilarraso viamos a gran necesidade cada día dun aparcadoiro parroquial.

Empezaron os comentarios e, tras moitos comentarios, charlas tras charlas, andares tras andares, reunións tras reunións, algúns veciños decidiron ir preguntaren por terreos próximos para este fin e o seu prezo.

Despois de sabermos algunhas fincas dispostas a venda e os seus prezos, foron convocadas en varias ocasións reunións, ás cales asistiron todos aqueles que o consideraron oportuno. Nelas déronse os detalles de cales eran os terreos dispostos, os seus prezos, ... entre outros, para que todos os asistentes poideramos opinar, preguntar, consultar, intervir, é dicir, intentarmos entre TODOS ( = PARROQUIA) chegar a un acordo veciñal para acadar o fin proposto, o APARCADOIRO.

Pasadas unhas semanas e despois das diversas reunións mantidas e chegado ao acordo da finca que se ia adquirir, había que comezar co máis traballoso: chamadas, papeleo, viaxes de aquí para aló... e xurdiu a idea de nomear a un ou dous membros de cada aldea que forman a parroquia. Así, coa mesma, decidiuse formar una Asociación, que hoxe a efectos legais recibe o nome de A.A.V.V. SAN LOURENZO DE VILARRASO.

Os membros que hoxe a compoñen foron, con apoio de toda a parroquia, os que levaron os trámites, como a recollida de cotas asinadas por veciño, ir á notaria, trámites de papeleo, documentación necesaria a cumprimentar, entre outras moitas cousas.

Cando se viu oportuno empezáronse as obras necesarias para arranxar o terreo, cousa que levou menos tempo do que se pensaba e puidose estrear o aparcadoiro, ben, tan esperado por moitos de nosoutros.

Esta A.A.V.V. levouse a cabo principalmente polo fin xa acadado e de agora en diante coa colaboración de todos os seus socio/-as intentarase seguir co seu funcionamento.

Está disposta dentro do posíbel a realizar distintas tarefas e actividades en diversos periodos do ano, a primeira delas será a inauguración do aparcadoiro, que terá lugar o próximo día 15 de xullo coa celebración dunha misa, un xantar e baile para todos.

Sen máis, grazas a todos por calquera tipo de colaboración.

Directiva

A.A.V.V. San Lourenzo de Villarraso

Información adicional