ASOCIACION DE VECIÑOS "SANTA CRUZ DE ARANGA"

Enderezo: Centro Cultural Carballal

Presidente: José Vázquez Santé

Teléfono contacto: 666990751

Correo electrónico: This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

FESTA SAN PAIO 2016 (ARANGA)

san paio aranga 2016

circular de maio de 2016 A.VV. SANTA CRUZ DE ARANGA

A. VV. SANTA CRUZ DE ARANGA

Dirixímonos a vostedes novamente para lles informar do seguinte:

En primeiro lugar, achegámoslle o programa da oitava xuntanza da asociación de veciños e da celebración do San Paio, patrón da nosa parroquia de Aranga, que terá lugar en Ponte-Aranga o próximo día 18 de xuño de 2016 (sábado), á que poden asistir socios/as e calquera persoa que queira compartir a festividade con nós.

Así mesmo, informámoslle das próximas excursións que vai organizar esta asociación, e que son:

MERENDA NA ÁREA RECREATIVA DE CONGOSTRO o día 13 de agosto de 2016 (sábado).

Excursións organizadas por esta asociación:

VIAXE Á SILLEDA "Feira da Semana Verde" o día 12 de Xuño de 2016 (domingo).

Saída de Ponte-Aranga ás 8:30 horas e regreso ás 21:00 h, aproximadamente.

Iremos pola mañá á feira ata as 14 horas, despois xantaremos en "Casa do Patrón" (Lalín) e a continuación visitaremos o Museo Etnográfico.

55 prazas, data límite de incricións ata o día 9 de Xuño de 2016, ou antes en caso de completarse as 55 prazas.

(Non se fará esta excursión no caso de que rematado o prazo non estén apuntadas un mínimo de 40 persoas.)

Prezo: 25 euros para socios/as, 30 euros para os que non o sexan e 20 euros para nenos/as menores de 15 anos.

VIAXE ÁS RÍAS BAIXAS o día 6 de agosto de 2016 (sábado).

Saída de Ponte-Aranga ás 8:30 horas e regreso ás 22:00 h, aproximadamente.

Iremos pola mañá ao Grove, dando un paseo en Catamarán, e a contuación iremos a Cambados á "Festa do Albariño" donde os recolleremos as oito da tarde, debendo facer a comida a conta de cada un dos aistentes.

55 prazas, data límite de incricións ata o día 2 de Agosto de 2016, ou antes en caso de completarse as 55 prazas.

(Non se fará esta excursión no caso de que rematado o prazo non estén apuntadas un mínimo de 40 persoas.)

Prezo: 20 euros para socios/as, 25 euros para os que non o sexan e 15 euros para nenos/as menores de 15 anos.

As condicións das ditas excursións serán as seguintes:

‡ - Asignaranse os asentos no bus, ata o número de prazas existentes, por rigorosa orde de inscrición, NON SE FARÁ A INSCRICIÓN ATA QUE SE REALICE O PAGAMENTO DA COTA. A relación das inscricións estará en poder do presidente e da secretaria da asociación, non se realizará a inscrición na dita relación nin se dará máis información sobre as excursión telefonicamente, unicamente se inscribe no momento en que se faga a entrega do importe da cota ás referidas persoas ou a calquera outro membro da directiva da asociación facéndolle a este o pago, o cal lle dará traslado inmediato ao presidente ou á secretaria referidos para a inclusión na relación.

‡ - Este ano, como novidade, a persoa que por calquera causa imprevista non poida asistir á excursión para a que fose inscrito/a non lle será devolta a cota de inscrición, unicamente lle sería devolta por causa de enfermidade grave tendo que presentar para iso o oportuno xustificante.

‡ - En caso de non apuntarse para calquera destas excursións un mínimo de 40 persoas, non se fará e procederase á devolución da cota avisando os incritos o día de finalización do prazo de inscrición.

‡ - En caso de que se cubran as prazas e estean interesadas máis persoas en asistir, poderase facer a inscrición para outro bus, condicionadas estas inscricións a que se xunten un mínimo de 40 persoas, do contrario, serán dadas de baixa estas novas inscricións procedendo á devolución da correspondente cota.

A continuación figura o nome e o enderezo dos membros da asociación cos que poden contactar.

Sen outro particular, esperando que sexan do seu interese estas actividades, saudámolos atentamente,

Aranga, 20 de maio de 2016.

O presidente A secretaria

Asdo./ José Vázquez Santé Asdo./ Eva M.ª Sánchez Brañas

FESTA DA SANTA CRUZ 2016

VÉSPERA!!

santacruzcarpa16

santacruz16

circular asociación veciños santa cruz de aranga xuño 2015

 

circular xuo15-1

circular xuo15-2

CIRCULAR ASOCIACIÓN SANTA CRUZ NOVEMBRO 2014

circularasociacin santa cruz112014-1

CIRCULAR ASOCIACIÓN VECIÑOS SANTA CRUZ DE ARANGA

circular asociacin aranga-1

 circular asociacin aranga-2

Información adicional