CARTA A.VV. SANTA CRUZ ARANGA

  • imprimir

        

Dirixímonos a vostedes co obxecto de lles comunicar que, unha vez máis, e tendo en conta que ata un mes antes, non se formara a “Comisión de Festas da Santa Cruz de Aranga”, os membros desta asociación de veciños con residencia nos lugares donde corresponde a organización da dita festa, tal e como indicabamos os anos anteriores, pasamos a ocuparnos do asunto un ano máis.

Achegámoslles un programa da festa con horarios de misas, actuacións, etc. esperando que sexa do seu agrado.

Así mesmo, e tendo en conta que se trata dunha festa de carácter local no Concello e que é o principal día da “Romaría da Santa Cruz”, animámolos a participar no xantar nas mesas que se colocarán na carpa instalada no campo da festa, donde unha “pulpeira” lles servirá polbo ás persoas que o desexen (tentaremos que os prezos sexan o máis adsequibles posible).

Para realizar todo isto é necesario contar unha vez máis coas aportacións da veciñanza, como se indicaba en anos anteriores levamos moitos anos coa mesma cota de 60 euros, e falabamos da posibilidade de incrementala, tendo en conta a epoca de restricións que estamos atravesando este ano tampouco imos subila, non obstante, tamén teñen que comprender que cada ano nos resulta máis difícil reunir as cantidades de diñeiro necesarias para facerlles fronte aos gastos ocasionados, por tanto o que boamente poida incrementar a sua aportación pode facelo.

Por último, agradecerlles de antemán a súa colaboración, que a poden entregar aos membros da Comisión e que son:

José Vázquez Santé (Seoane); Eva María Sánchez Brañas e Sonia Zas Sánchez (Soutullo); José Manuel Freire González (Ponte Aranga); José Andrés Carballeira Maceiras (O Barreiro) e Ramón Manuel Quintián Santamariña (Congostro); tamén poden entregala nos dous bares de Ponte-Aranga (“Platas” e “A Taberna”).

Sen outro particular, saudámolos atentamente, en Aranga, a 15 de abril de 2013.

O presidente                                                       A secretaria Asdo./ José Vázquez Santé          Asdo./ Eva M.ª Sánchez Brañas