A. VV. SANTA CRUZ DE ARANGA

  • imprimir

 

Dirixímonos a vostedes novamente para lles informar do seguinte:              

           En primeiro lugar, achegámoslle o programa da sexta xuntanza da asociación de veciños e da celebración do San Paio, patrón da nosa parroquia de Aranga, que terá lugar en Ponte-Aranga o próximo día 22 de xuño de 2013 (sábado), á que poden asistir socios/as e calquera persoa que queira compartir a festividade con nós.

             Así mesmo, informámoslle das próximas excursións que vai organizar esta asociación, e que son:

VIAXE A ASTURIAS o día 20 de xullo de 2013 (sábado).

Visitaremos “LUARCA”, “AVILÉS”, “CUDILLERO” e outros lugares de interese da zona.

 - Saída de Ponte-Aranga ás 8:30 horas e regreso ás 21:00 h, aproximadamente.

            55 prazas, data límite de incricións ata o día 16 de xullo de 2013.
 

VIAXE ÁS RÍAS BAIXAS o día 3 de agosto de 2013 (sábado).

Iremos á “Festa do Albariño” a Cambados e pola tarde daremos unha volta en catamarán como fixemos en pasados anos e que tanto éxito tivo entre os asistentes.

 

- Saída de Ponte-Aranga ás 8,30 horas e regreso ás 22 horas, aproximadamente.

            55 prazas, data límite de incricións ata o día 30 de xullo de 2013.

 VIAXE A PORTUGAL o día 7 de setembro de 2013 (sábado).

Visitaremos o Santuario de “Bon Xesús” en Braga, donde comeremos e logo de regreso pararemos pola tarde na Fortaleza.

- Saída do aparcadoiro de Ponte-Aranga ás 8 da mañá.

            55 prazas, data límite de incricións ata o día 2 de setembro de 2013.

 As condicións das ditas excursións serán as seguintes:

            ‡ - Prezo de cada unha delas:

25 euros para socios/as, 30 euros para os que non o sexan e 20 euros para nenos/as menores de 10 anos.

            ‡ - Asignaranse os asentos no bus, ata o número de prazas existentes, por rigorosa orde de inscrición, NON SE FARÁ A INSCRICIÓN ATA QUE SE REALICE O PAGAMENTO DE COTA (ante a imposibilidade de asistir, e como se fixo en anos pasados, devolverase a cota en caso de aviso con antelación suficiente de, polo menos, 2 días).

            ‡ - Estas excursións están organizadas preferentemente para os socios/as da A. VV. Santa Cruz de Aranga e persoas que con eles/as convivan, polo que, de se cubriren as 55 prazas con estes ata a data límite de inscrición, haberá que dar de baixa persoas alleas á asociación.

            ‡ - En caso de non apuntarse para calquera destas excursións un mínimo de 45 persoas, non se fará e procederase á devolución da cota dando o oportuno aviso aos incritos o día de finalización de prazo de inscrición.

             A continuación figura o nome e o enderezo dos membros da asociación cos que poden contactar.

             Sen outro particular, esperando que sexan do seu interese estas actividades, saudámolos atentamente,

             Aranga, 28 de maio de 2013

 

O presidente                                                                                               A secretaria

 

 

Asdo./ José Vázquez Santé                    Asdo./ Eva M.ª Sánchez Brañas