ASOCIACION DE VECIÑOS "SANTA CRUZ DE ARANGA"

Enderezo: Centro Cultural Carballal

Presidente: José Vázquez Santé

Teléfono contacto: 666990751

Correo electrónico: This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

CIRCULAR AA.SS. VECIÑOS SANTA CRUZ ARANGA

Achegámoslle a seguinte documentación:

               Cartel da Festa do entroido que se fará o próximo día 23 de febreiro.

            ‡   Actas das reunións feitas pola asociación desde a última Asemblea.

               Convocatoria á Asemblea Xeral Ordinaria da “Federación Veciñal de Aranga, Fragas do Mandeo”, para o día 9 de Marzo de 2013.

   Convocatoria á 5ª Asemblea Xeral Ordinaria da “Asociación de veciños Santa Cruz de Aranga”, para o día 16 de Marzo de 2013.

Ler máis:CIRCULAR AA.SS. VECIÑOS SANTA CRUZ ARANGA

REUNIÓN DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SANTA CRUZ DE ARANGA

TRANSCRÍBESE A CARTA DIRIXIDA ÓS SOCIOS DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE SANTA CRUZ DE ARANGA

Dirixímonos a vostedes novamente para lles informar do seguinte:

           En primeiro lugar, informarlles que a xunta directiva da asociación de veciños, na reunión feita no día de hoxe, logo de que algúns socios/as interesados solicitaran que a asociación organizase unha excursión ás festas de Lugo do “San Froilán”, acordou o seguinte:

Organizar unha excursión ao “San Froilán” o próximo día 12 de outubro de 2012, coas seguintes condicións:

- Saída de Ponte-Aranga ás 9:30 horas, ás 10:30 visita en Lugo polas festas de San Froilán, de donde se sairá ás 14,30 horas con destino o Restaurante Miño, de Outeiro de Rei, donde xantaremos e pasaremos a tarde, con chegada a Ponte-Aranga ás 21 horas, aproximadamente.

- 55 prazas, data límite de incricións ata cubrir esta cifra, e, en todo caso antes do día 9 de outubro de 2012. ( As persoas que se inscriban a partir desta cifra soamente poderán ir en caso de que se xunten persoas suficientes para outro bus, “mínimo 50 persoas”)

- Prezo 25 euros para socios/as, 30 euros para os que non o sexan e 20 euros para nenos/as menores de 10 anos.

Ler máis:REUNIÓN DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SANTA CRUZ DE ARANGA

A. VV. SANTA CRUZ DE ARANGA ACTIVIDADES

Dirixímonos a vostedes novamente para lles informar do seguinte:

En primeiro lugar, achegámoslle o programa da quinta xuntanza da asociación de veciños e da celebración do San Paio, patrón da nosa parroquia de Aranga, que terá lugar en Ponte-Aranga o próximo día 16 de xuño de 2012 (sábado), á que poden asistir socios/as e calquera persoa que queira compartir a festividade con nós.

Así mesmo, informámoslle das próximas excursións que vai organizar esta asociación, e que son:

Ler máis:A. VV. SANTA CRUZ DE ARANGA ACTIVIDADES

Información adicional