Programa FESTA DA SANTA CRUZ 2012

fonte santa cruzOs vindeiros días 3, 5 e 6 de maio de 2012 Aranga celebra as festas na honra da Santa Cruz.

 
- O xoves día 3 de maio haberá unha misa cada hora dende as 9 da mañá ata as 13:00 horas, que será a misa maior. A continuación a sesión vermú estará amenizada polo grupo espectáculo Troco. Haberá unha "pulpeira" instalada no campo da festa para a xente que se queira quedar a xantar e pola tarde continuaremos coa verbena co grupo de baile da EMF de Aranga "Patuleiriñas" e co grupo Troco. Tamén haberá misa ás 18:00 h.
 
- O sábado día 5 de maio a misa será ás 13:00 horas, a continuación sesión vermú co grupo Costa do Mar. Pola noite gran verbena co grupo Costa do Mar e coa orquestra Xacobeo.
 
- O domingo día 6 de maio haberá unha misa cada hora dende as 9 da mañá ata as 13:00 horas, que será a misa maior. A continuación a sesión vermú será a cargo da orquestra Impacto. Colocaranse mesas para as merendas no campo da festa e pola tarde haberá unha gran verbena coa orquestra Impacto. Tamén haberá misa ás 18:00 h.
 
O campo estará cuberto con carpa.

Información adicional