APERTURA DO PRAZO PARA SOLICITAR SUBVENCIÓN MUNICIPAL PARA O ANO 2019

Hoxe saen publicadas no BOP as bases para a solicitude de  subvencións municipais para familias e institucións sen fin de lucro para o ano 2019, establecendo o prazo de vinte días hábiles, que se contará a partir do día seguinte á inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/08/13/2019_0000006676.html

ANEXOS:

http://aranga.es/tramites-e-impresos/category/44-anexos-axudas-municipais-2019

O prazo remata o día 11 de setembro.

MODIFICACIÓN DA BASE DE EXECUCIÓN 35 DO ORZAMENTO MUNICIPAL 2019

En sesión plenaria do 07/08/2019 prestouse aprobación da modificación da base de execución 35 do orzamento municipal do 2019 (subvencións nominativas: subvención vecinos de Cambás para a traída de augas: 3.500,00 €). O acordo sométese a información pública mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia , durante o prazo de quince días hábiles a efectos de reclamacións e, no caso de non presentarse, o acordo devendrá definitivo.

Aranga, 8 de agosto de 2019

O Alcalde : Asdo:Alberto Platas Álvarez

Axudas Vivenda 2019

A Xunta de Galicia informa das axudas en materia de vivenda, tanto para a rehabilitación como para o acceso a vivenda, que poden solicitar particulares e Concellos. O importe destinado a estas axudas ascende a 52,96 millóns de euros.

[pdf axudas]

PUBLICIDADE AXUDA DO FONDO DE COMPENSACIÓN AMBIENTAL 2019

cartelfca2019

información sobre a renovación da traida de augas en Feás

Comunicamos que o próximo luns, 15 de xullo, vémonos na obriga de cortar o subministro de auga na parroquia de Feás debido ás obras de renovación da traída de aguas nos lugares de:

  • Ribadevila
  • Aturela
  • Fonte
  • Flores
  • Torreiro
  • A Torre
  • O Couto
  • Filgueiras

DESCULPEN AS MOLESTIAS

INFORMACIÓN PÚBLICA DA APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO DE URBANIZACIÓN DO SECTOR I2

Por medio do presente pónse en coñecemento dos interesados que a Xunta de Goberno Local de Aranga, na sesión do 04/07/2019 , aprobou inicialmente o Proxecto de Urbanización presentado do sector I2 do solo urbanizable de uso industrial, co obxectivo de mellorar as condicións dun enclave sito no lugar de A Posta destinado a xestión de residuos.

O que se expón ao público, durante o prazo dun mes contado á partir do día seguinte á insercción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co establecido no artigo 96 da lei 2/2016 de 10 de febreiro do solo de Galicia, a efectos do seu exame na secretaría municipal e presentación de alegacións.

Aranga, 5 de xullo de 2019

O ALCALDE:

Asdo: Alberto Platas Álvarez

Información adicional