BASES PARA A CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DUN PEON TRACTORISTA NO CONCELLO DE ARANGA MEDIANTE CONCURSO DE MÉRITOS

Convócase concurso de méritos para a selección dun/a peón- tractorista neste concello de Aranga, durante o prazo dun ano.

Méritos que se valoran: experiencia profesional, coñecemento do termo municipal, cursos realizados e entrevista.

Presentación de instancias: no Rexistro Xeral do Concello no prazo de sete días hábiles dende a inserción deste anuncio.

Bases da convocatoria: poderán examinarse na Secretaría do Concello e na páxina we do concello:

www.aranga.es.

BASES PARA A CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DUN PEON TRACTORISTA NESTE CONCELLO DE ARANGA MEDIANTE CONCURSO DE MÉRITOS.-

1º.-OBXECTO.- O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral de carácter temporal dun peón- tractorista de obras e servizos varios neste Concello de Aranga, durante o prazo de un ano, coa finalidade de levar a cabo as distintas tarefas que se lle encomenden desde o concello , de carácter manual, relativas a pequenas reparacións e arreglos para o bon funcionamento dos edificios e servizos municipais, traslados de material co vehículo municipal etc, en colaboración co peón de servizos varios, e tamen tarefas de limpeza das pistas municipais utilizando o tractor municipal.

2º.-CONDICIÓN DO CONTRATO.- A modalidade do contrato será de obra o servizo determinado, cunha duración dun ano , en xornada completa ( 37 horas e media á semana) pero con disponibilidade horaria.

As retribucións brutas mensuais físanse se fixan en 852,60 € .

3º.-CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES.-Para poder participar no presente concurso de méritos,os aspirantes deben reunir os seguintes requisitos:

a)Ser español o ciudadano comunitario ou membro dalgún estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.

B)Ter cumpridos os 16 años de edad, na fecha na que termine o prazo de presentación de instancias e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

c) No padecer enfermedad o defecto físico que impida o desempeño dos traballos esixidos.

d) Ter capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que se opta.

e) No hallarse incurso en causas de incompatiblidade o incapacidade establecidas na lexislación vixente e non estar separado , mediante expediente disciplinario do servizo a unha administración pública nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

f) Ter catergoría profesional de peón e estar en posesión do título de Educación primaria, certificado de escolaridade o anos cursados en Educación Secundaria.

g) Dispoer de carnet de conducir que habilite para á conducción de tractores.

4º.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.-As instancias, nas que se acreditará que se reúnen as condicións esixidas na base terceira , se dirixirán ao Sr.Alcalde do Concello e se presentarán no Rexistro Xeral , no prazo de sete días hábiles dende a publicación do correspondente anuncio no periodico La Voz de Galicia .

Poderánse presentar igualmente na forma determinada no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro , reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común. Se se presentase a través da oficina de correos, deberá

aparecer o selo na devandita solicitude. Doutro xeito a data de anotación no Rexistro Xeral será a que se teña en conta para todos os efectos.

Ás instancias ( para as que se establece un modelo oficial) adxuntaráse a seguinte documentación:

- Fotocopia compulsada do DNI ou pasaporte . Se o aspirante fora extranxeiro/a deberá presentar documento que acredite que é nacional da Unión Europea ou dalgún estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as. Asi mesmo, os familiares dos anteriores deberán presentar tamén unha fotocopia compulsada do documento que acredite esta condición.

- Relación dos méritos que aleguen. A dita relación uniranse os documentos xustificativos destes, en orixinal ou fotocopia compulsada. So se tomarán en consideración aqueles méritos debidamente acreditados .

A experiencia profesional acreditarase mediante informe da vida laboral, expedido pola Tesoreria Xeral da Seguridade Social, acompañado dos contratos correspondentes ou certificado da empresa ou da Administración correspondente. O coñecemento do termo municipal acreditarase mediente certificado de empadroamento.No caso de non dispoñer del, procederáse a formulación de preguntas, na entrevista persoal, a efectos de acreditar o seu coñecemento. A poseesión do carnet de conducir, acreditase mediante a presentación da fotocopia compulsada. Os cursos xustificaránse mediante fotocopia dos certificados, diplomas ou documentos ou títulos acreditativos.

5º.- SELECCION.- A selección se realizará mediante concurso de méritos, valorando os seguientes méritos:

- Experiencia profesional en traballos iguais ou semellantes( tractorista, peón de obras ou servizos, peón-tractorista, persoal de incendios) , na administración publica: valoraráse ata 80 puntos, do seguinte xeito:

- 2 puntos por cada mes completo de traballo na Administración Local.

- 1 punto por cada mes de traballo noutra administración.

- Coñocemento do Concello : ata 20 puntos.

- Estudios o cursos que se teñan realizados na materia: se valorarán ata dez puntos os cursos realizados ( 2,5 puntos por curso) . Valoraránse os cursos de primeiros auxilios , cursos de prevención de riscos laboraris, e cursos relacionados co posto de traballo.

-Entrevista personal: se valorará hasta 40 puntos. Se realizarán , na mesma, preguntas relacionadas co posto de traballo a desempeñar, a efectos de acreditar os coñecementos na materia.

6º.- ÓRGANO DE SELECCIÓN.- O órgano de selección será colexiado, e como mínimo constará dun presidente, tres vogais e un secrtetario que seran desinado por Resolución da alcaldía, de acordo co que dispón o artigo 60 da Lei 7/2007 de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Pùblico.

A súa composición axustarase aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros que será exisible a todos e cada un deles , individualmente considerados, ben polos coñecementos profesionais que posúan da materia de que se trate ou polos seus coñecementos específicos sobre a selección de persoal e atenderáse á paridade muller-home.

Deberán pouir titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso á praza convocada. A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual e non poderá ostentarse en representación ou por delegación de ninguén.

Os membros do tribunal absteranse cando concurran as circuntancias do artigo 28 da Lei 30/1992 . Os aspirantes poderán recusalos de conformidade co disposto no artigo 29 da mesma lei.

Para a válida constitución do órgano de selección deberán asistir máis da mitada dos seus membros e poderá dispoer a incorporación de asesores especialistas si o estiman necesario.

O órgano de selección tendrá a faculturade de interpretar as presentes bases e resolverá as dúbidas que poidan plantexarse na aplicación das mesmas.

7º.- PROCEDEMENTO.- A convocatoria anunciarse na páxina web do concello, no taboleiro de edictos da casa consistorial e no Boletín Oficial da Provincia ou nun dos diarios de maior circulación na provincia.

No prazo máximo de tres días hábiles, dende que rematase o prazo de presentación de instancias, o alcalde resolverá a admisión ou exclusión dos candidatos e publicarase a lista no taboleiro de edictos da casa consistorial. Durante o prazo de dous días hábiles poderán presentarse reclamacións que resolverá a alcaldía ao día seguinte , publicandose o resultado no taboleiro de edictos.

O órgano de selección reuniráse á hora e día que determine o Sr.alcalde . O órgano de selección elevará proposta de nomeamento ao Alcalde, da persoa que obtiver maior puntuación.

A listase de aspirantes será publicada no taboleiro de edictos da casa consistorial, pola orde da puntuación obtida. A dita listaxe agotará a vía administrativa, poidendo interpoñerse recurso contencioso- administrativo.

8º.- NOMEAMENTO.- O interesado proposto disporá de dous díasábiles desde a proposta de nomenamento para presentar na Secetaría a documentación que acredite o cumplimento das condicions da base tercera.

O Alcalde realizará o nominamento definitivo, procedendo á formalización do contrato no prazo de cinco días desde a fecha de notificación.

Estas bases, su convocatoria e cantos actos administrativos dimanen de estas, poderán ser impugnadas polos interesados nos casos e coa forma prevista na Lei 30/1992 de Réximen Xurídico das Administracións Públicas e Procedimiento Administrativo Común.

Aranga, a 9 de febreiro de 2012

O ALCALDE: Asdo/Alberto Platas Álvarez.

 

 

Información adicional