NOVAS PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE ARANGA.

Por medio do presente Bando, pónse en coñecemento de todos os veciños do termo municipal, que o Pleno Municipal, na sesión que realizou o dia 10 de abril de 2012, fíxo a segunda aprobación inicial ao Plan Xeral de Ordenación Municipal de Aranga.
 
    Iníciase un novo período de exposición pública de dous meses que se contarán dende o día seguinte a inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
    A fin de que todos os veciños coñezan o contido do Plan Xeral é polo que o vindeiro día VINTE E SETE DE ABRIL (VENRES), ás DEZANOVE E TRINTA HORAS, no PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DA CASTELLAN, farase unha presentación do dito plan por parte dos representantes dos tres grupos políticos municipais e do equipo redactor.
 
    Polo exposto, e dada a transcendencia da dita reunión, convídovos a que asistades.
 
 
    Aranga, 16 de abril de 2012. 

Información adicional