EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PXOM

  • imprimir

Por medio do presente bando ponse en coñecemento das persoas interesadas, que de conformidade co artigo 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, que o Pleno Municipal do concello de Aranga, na sesión que se realizou o día 10 de abril de 2012, aprobou o Plan Xeral de Ordenación Municipal, con carácter previo á aprobación provisional, así como o informe de sostibilidade ambiental e as propostas de convenios urbanísticos que se integran nel.

A exposición pública farase por espazo de dous meses, que se contarán a partir do día de mañá, tendo en conta que hoxe se publicou o correspondente anuncio do Diario Oficial de Galicia, e levarase a cabo no local e nos días e horarios que a continuación se sinalan, donde serán atendidos por persoal deste concello e do equipo redactor dos traballos, de xeito que as persoas que o desexen poidan examinar o expediente e presentar as alegacións e reclamacións que estimen pertinentes.

 

dÍas E horas

 

lugar

LUNS, MÉRCORES E VENRES

DE 10 A 14 HORAS

 

CENTRO SOCIO CULTURAL DE

OROSA

(ANTIGA ESCOLA)

O que se fai público para o xeral coñecemento.

Aranga, 10 de maio de 2012

O ALCALDE A SECRETARIA

Asdo.: Alberto Platas Álvarez Asdo.: Ana Mª Ocampo Pérez Gorostiaga