ACTUALIZACIÓN NO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DE NATUREZA URBANA

  • imprimir

IBIComunícaselles a todos os cidadáns que, con motivo da ACTUALIZACIÓN NO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DE NATUREZA URBANA (IBI) no municipio de Aranga, a empresa EIBISA NORTE SL, adxudicataria do contrato de "Asistencia técnica para o mantemento da xestión catastral" coa Deputación Provincial da Coruña, estará á súa disposición para a tramitación das ALTAS,

Lei 48/2002, do 23 de decembro, do Catastro Inmobiliario. (BOE 307). Art..5. 4. a)

"Serán obxecto da declaración (..)los seguintes feitos, actos ou negocios.

a) A realización de novas construcións, e a ampliación, rehabilitación, demolición ou derribo das xa existentes, xa sexa parcial ou total"

Os propietarios de inmobles que deban regularizar a súa situación tributaria ante Facenda por realizar construcións, ampliacións ou rehabilitacións, así como aqueles que queiran actualizar a súa titularidade catastral, poderán acudir ao Concello de Aranga ,planta baixa, praza Mestre Mosquera, en horario de 9 a 16 horas, durante os días do 10 ao 24 de xullo de 2012, ambos incluídos e, para tramitar o expediente de ALTERACIÓN FÍSICO/ECONÓMICA (Altas, rehabilitacións, reformas, etc...).

Documentación que deben achegar:

  • FOTOCOPIA DO DNI DO TITULAR E DO REPRESENTANTE
  • FOTOCOPIA DA ESCRITURA DE PROPIEDADE (documento completo)
  • FOTOCOPIA DA ESCRITURA DE OBRA NOVA E DIVISIÓN HORIZONTAL
  • FOTOCOPIA DO CERTIFICADO DE FIN OBRA OU LICENZA DE PRIMEIRA OCUPACIÓN
  • FOTOCOPIA DOS PLANOS DE SITUACIÓN E DE PLANTAS
  • FOTOCOPIA DA ESCRITURA DE COMPRA – VENDA
  • FOTOCOPIA DO RECIBO DO IBI (recibo contribución)