ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLO SERVIZO DE ACCESO A INTERNET A TRAVÉS DA REDE SEN FÍOS MUNICIPAL WIFI DE ARANGA

Non presentándose alegacións durante o prazo de exposición ao público, queda elevado a definitivo o acordo do Pleno municipal de Aranga adoptado en data 19 de xullo de 2012, relativo a imposición do prezo público polo servizo de acceso a internet a través da rede sen fíos municipal Wifi, así como a ordenación a través da correspondente ordenanza, cuxo texo íntegro faise público no cumprimento do establecido no artigo 17.4 do Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais.

Contra a aprobación definitiva poderá interpoñerse recurso contencioso- administartivo nos termos establecidos na lei reguladora da Xurisdicción contencioso- administrativa.

ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLO SERVIZO DE ACCESO A INTERNET A TRAVÉS DA REDE SEN FÍOS MUNICIPAL WIFI DE ARANGA.

ARTIGO 1. FUNDAMENTO E NATUREZA.

De conformidade co establecido no artigo 41 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, este concello de Aranga establece a presente ordenanza municipal e o conseguinte prezo público polo servizo de acceso a internet a través da rede sen fíos municipal wifi.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE.

Constitue o feito impoñible a actividade municipal desenrolada para a distribución de sinal de internet mediante a tecnoloxía sen fíos WIFI no concello de Aranga para fins laborais, de ocio, formativos e de comunicación , de calquera persoa física ou xurídica que queira facer uso do servizo.

ARTIGO 3. OBRIGADOS AO PAGAMENTO.

Están obrigados ao pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza , as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria que se beneficien das actividades ás que se refire esta ordenanza.

ARTIGO 4.- CONTÍA.

O importe do prezo público a aplicar será o seguinte:

Actividade Contía

Cota de alta de usuarios 40 €

Cota mensual do usuario 30 €/ 2 MB ou 20€/1 MB

Kit de rede sen fíos 60 €

O Kit de usuario é o equipamento sen fíos que serve para garantir a conexión sen fíos e está composto polo dispositivo sen fíos, o softwaare e a antena. A instalación e configuración inicial do Kit o realizará a empresa xestora do servizo de acceso a internet.

As cantiades en concepto dos kits para acceder á rede sen fíos depositaranse a modo de fianza , que será devolta na súa totalidade sempre que o aboado , que desexe darse de baixa no servizo, proceda á devolución do Kit completo en perfectas condicións de uso. En caso contrario serálle incautada a fianza.

Estes prezos serán revisados anualmente polo concello de Aranga, en función da variación do IPC.

ARTIGO 5. NORMAS DE XESTIÓN.

O usuario solicitará a alta no servizo segundo o modelo que se atopa dispoñible na páxina Web do concello de Aranga e nas Oficinas Xerais do mesmo, aboando no momento da presentación da solicitude, a cantidade correspondente a cota de alta do usuario e a cantidade destinada a instalación do kit de acceso, este último en concepto de depósito.

Os pagos do prezo mensual por cada servizo que se contrate, deberán facerse efectivos entre os días 1 e 5 de cada mes, mediante domiciliación bancaria.

ARTIGO 6. OBRIGACIÓN DE PAGO.

Están obrigados ao pago do prezo público regulado na presente ordenanza, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias do servizo de acceso a internet mediant a rede sen fíos municipal, dende que se inicie a prestación do servizo.

ARTIGO 7. DÉBEDAS.

As débedas polos prezos públicos de este servizo poderán exisirse polo procedemento administrativo de constrinximento conforme ao estabrecido no Real Decreto 939/2005 de 29 de xullo que aproba o Regulamento Xeral de Recadacción e o artigo 46.3 do Real Decreto Lexislativo 2 /2004 de 5 de marzo, que aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais.

ARTIGO 8. DEREITOS E DEBERES DOS USUARIOS.

Os usuarios terán dereito a recibir as claves para poder acceder á rede sen fíos municipal, e deberán dispoñer do Kit de instalación e aboar o prezo do servizo mensualmente.

ARTIGO 9. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

En todo o relativo á cualificación da infraccións , así como as sancións que as mesmas corresponda, estaráse ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

A falta de pago durante dous meses seguidos suporá a suspensión inmediata do servizo, sen prexuicio do cobro pola vía de constrinximento das cantidades devengadas e non satisfeitas.

ARTIGO 10. USO RESPONSABLE.

O Concello de Aranga non é responsable do uso que os aboados poidan facer nas súas conexións a internet, debendo aqueles realizar un uso responsable do mesmo.

ARTIGO 11.PROBLEMAS DE CONEXIÓN.

Cando se produzan cortes de conexión por causas imputables a empresa concesionaria e cuxa duración exceda de 36 horas, compensaráse mediante a reducción proporcional do prezo mensual correspondente.

ARTIGO 12. LEXISLACIÓN APLICABLE.

En todo o non previsto na presente Ordenanza, estaráse ao disposto no Real Decreto 2/2004 de 5 de marzo, que aproba o Texto Refundido da lei das facendas Locais, na Lei Xeral Tributaria 58/2003 de 17 de decembro, na Lei 8/1989 do 13 de abril de taxas e prezos públicos , na Lei 7/1985 de 2 de abril reguladora das bases do réxime local, e en cantas normas sexan de aplicación.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA.

A presente ordenanza entrará en vigor o día da publicación do seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e transcurrido o prazo previsto no artigo 65.2 da lei 7/1985 de 2 de abril reguladora das bases do réxime local, e manterase en vigor en tanto non se proceda á súa modificación ou derogación expresa.

Aranga, 3 de setembro de 2012

O alcalde:

Asdo.: Alberto Platas Álvarez

Información adicional