RESOLUCIÓN SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS

  • imprimir

Por medio da presente comunicación ponse en coñecemento dos interesados que a Xunta de Goberno Local, na sesión que se celebrou o día 7 de novembro de 2012, adoptou o seguinte acordo que se transcribe literalmente do borrador da acta:

"Primeiro: Conceder subvencións, para cada unha das solicitudes que a continuación se indican, do 47% do importe solicitado para actividades e do 39% dos importes solicitados para inversións. O coeficiente de financiación será do 1,00%, tendo en conta as solicitudes sinaladas como prioritarias por cada unha das asociacións:

-Á AA.VV San Pedro de Cambás, 3.120,00€ para a pavimentación do capo da festa do Toxiño.

-Á Federación Veciñal Fragas do Mandeo: 1.458,00€ para o autobús da excursión de todas as Asociacións municipais e 2.500,00€ para a Carpa da Festa do Entroido de todas as Asociacións. Para a instalación dun xerador eléctrico outorganse 2.730,00€

-Á ANPA do CEIP da Castellana, 206,80€ para visita cultural a Museo.

-Á SCRD O Cruceiro de Feás, 456,84€ para adquisición de libros para o día do Socio e 1.189,50 pra a adquisición e colocación de canastas.

-Á AA.VV O Igresario de Feás, 1.810,38€ para a cubrición da zona do churrasco do campo da festa.

-Ao Cluve Xuventude A Castellana, 2.791,80€ para a continuación do programa de ligas de futbol.

-Á Asociación Hípica Cabaleiros da Cima, 298,31€ e para a organización dunha ruta cabalar e 312,00€ para a adquisición de carpa.

-Á AA.VV San Lourenzo de vilarraso, 2.820,00€ e para organizar un curso de pintura e 3.900,00€ para reparación exterior de local social.

-Á AA.VV. Muniferral Alba, 3.900,00€ para o cerre do campo e do palco do campo da festa de Cerdelo.

-Á AA.VV. San Salvador de Fervenzas, 2.773,00€ para organización de curos de inglés e 2.730,00€ para obras de ampliación de local social.

-Á Sociedade de pesca Río Mandeo, 1.950,00€ para construcción de parada de pescadores para minusválidos.

-Á AA.VV Santa Cruz de Aranga, 846,00€ para un curso de cestería e 1.053,00e para a adquisición de terro para aparcamento.

-Á Asociación Val de Aranga, 2.820,00€ para a realización do programa " Aranga sostible".

-Á Asociación de Mulleres do Campo de Cambás, 1457,00€ para organización de curso de coidadores.

-Ó Consello de Anciáns de Cambás, 1.504,00€ para o curso de informática.

Segundo: Denegar a subvención solicitada pola Cofradía Virxe das Angustias por canto a convocatoria de subvencións establece expresamente que quedan excluídas as actividades de carácter confesional.

Terceiro: O presente acordo seralles notificado expresamente a todos os solicitantes no prazo de dous meses e será exposta no taboleiro de anuncios da casa consistorial e na páxina web do Concello. Contra a desestimación expresa ou presunta poderán formularse os recursos que procedan.

Cuarto: Os beneficiarios deberán manifestar, no prazo de quince días hábiles dende a recepción da notificación da concesión, a súa aceptación expresa, debendo cumprir as obrigas establecidas na base 7 da convocatoria.

Quinto: O prazo para xustificar a realización da inversión/actividade será de seis meses a contar dende a recepción da comunicación da subvención, podendo prorrogarse no caso de petición motivada do beneficiario."

Aranga, 7 de novembro de 2012

O alcalde/Asdo: Alberto Platas Álvarez