ACTIVIDADES DO NADAL

VISITA DOS REIS MAGOS AO CEIP A CASTELLANA O 18 de nadal a partir das 11:00h

Festival de nadal do CEIP A Castellana VENRES 21 DE DECEMBRO a partir das 10:30h
Actuacións: EMF de Aranga, MAGO FON e chocolate para todos e todas

Festival de nadal do Concello de Aranga SÁBADO 22 DE DECEMBRO
de 16:30 a 20:30h no Pavillón Municipal con Espectáculo de clown “RESUELTAS”
con música en directo,danza e acrobacias.
FANTASÍA ANIMACIÓN
INCHABLES
SORTEO DE AGASALLOS
GRAN CHOCOLATADA
VISITA DOS PAXES DOS SS.MM. REIS MAGOS E O APALPADOR


A.VV. SAN LOURENZO DE VILARRASO
29 de decembro. Representación da obra teatral para todos os públicos “Amores en
blanco e negro” da compañía A Xira no Pavillón Municipal da Castellana a partir das 18:30h.
Haberá pinchos para os asistentes.

PISTA DE XEO O 27 DE DECEMBRO
LUGAR: pista de xeo do Coliseum (A Coruña)
HORARIO:saída do CEIP A Castellana ás 10:15h. Chegada aproximada ás 13:30h
IDADES: Para todas as idades. 17 prazas no bus municipal.
Menores de 8 anos deberán levar acompañante.
Obrigatorio levar guantes. Aconsellable o emprego de casco e levar mudas de recambio.

CAMPIONATO DE MEDAL OF HONOR O 26 DE DECEMBRO
LUGAR: AULA DE INFORMÁTICA DE PONTE-ARANGA
HORARIO: de 16:30h a 18:30h
IDADES: para todas as idades

CAMPIONATO DE MEDAL OF HONOR O 7 DE DECEMBRO
LUGAR: ALM O TOXIÑO
HORARIO: de 16:00 a 18:00h
IDADES: para todas as idades

CANTURREADAS DE NADAL O 31 DE DECEMBRO
O Grupo Patuleiriñas da E.M.F do Concello de Aranga amenizarán estas dúas mañás con cantos de nadal, de reis e aninovo polas parroquias do Concello de Aranga.

MARCHA EN BICI DE MONTAÑA O 4 DE XANEIRO
LUGAR: Saída do CEIP A Castellana
HORARIO: de 10:30 a 14:00 horas
IDADES: maiores de 16 anos
Imprescindible que a bici estea en boas condicións e uso do casco.

XORNADA DEPORTIVA
ENCONTRO DEPORTIVO DOS EQUIPOS DAS ESCOLAS MUNICIPAIS
DATA, LUGAR E HORARIO a determinar cos equipos contrarios.

NOTA:
As inscricións faranse no Centro Socio-Cultural Ponte-Aranga ou no teléfono 981 793 590.
Nas actividades con límite de prazas terán prioridade os usuarios empadroados
no Concello de Aranga.
O prazo de inscrición das actividades comeza o 17 de decembro.
Inscrición de menores de idade deberá ir acompañada da autorización asinada polo
pai, nai ou titor.
O Concello de Aranga resérvase o dereito de anular ou facer cambios nas actividades,
por número insuficiente de participantes e imprevistos.
Bus municipal para as actividades de pista de xeo e canturreadas de nadal (17prazas)

https://www.facebook.com/events/306608949450428/

Información adicional