E D I C T O .-

 

 

O Concello de Aranga anuncia a convocatoria pública para cubrir a praza do Xuíz de Paz Titular deste Xulgado de Paz.

 

Os aspirantes poderán presentar as súas solicitudes no prazo de quince días hábiles, que se contarán desde a publicación deste Edicto no Boletín Oficial da Provincia, acompañadas da seguinte documentación:

 

-Certificado de nacemento ou fotocopia autentificada do DNI

-Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes e a declaración complementaria a que se refire o artigo 2.1 da Lei 68/1980, relativa a non estar inculpado nin procesado.

- Certificación médica de non padecer enfermidade física ou psíquica que incapacite para o exercicio do cargo.

- Declaración xurada de non estar incurso en causas de incompatibilidade.

-Xustificación de méritos que se aleguen.

 

O expediente completo poderá ser examinado polos aspirantes que o desexen, na Secretaría deste Concello.

 

Aranga,8 de febreiro de 2021

 

O Alcalde

 

 

 

Asdo./ Alberto Platas Álvarez