BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS CONDUTORES PARA A CONDUCIÓN DO VEHÍCULO MOTOBOMBA

BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS CONDUTORES PARA A CONDUCIÓN DO VEHÍCULO MOTOBOMBA DURANTE A CAMPAÑA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS DO ANO 2014 NESTE CONCELLO DE ARANGA MEDIANTE CONCURSO DE MÉRITOS.-

1º.-OBXECTO.- O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral de carácter temporal , polo sisetema de concurso de méritos, de dous condutores para o vehículo motobomba municipal durante a campaña do ano 2014, que comenza o día 16 de xullo.

2º.-CONDICIÓN DO CONTRATO.- A modalidade do contrato será de obra ou servizo determinado, cunha duración de tres meses e medio ( do 16 de xullo ao 31 de outubro de 2014) salvo que o Convenio subscrito estableza outro prazo.

               As retribucións brutas mensuais fíxanse en 927,04 €, máis a prorrata mensual do pagamento extra.

                     A xornada de trabaallo será a tempo completo, en horario que determine a alcaldía.

            A participación no presente procedemento de selección implicará o coñecemento e aceptación das condicións da xornada laboral e retribucións.

3º.-CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES.- Para ser admitido no procedemento selectivo, os aspirantes deben reunir os seguintes requisitos:

a) Ser cidadán español sen prexuízo do establecido na lei 17/1993 do 23 de decembro na Lei orgánicia 4/2000 do 11 de xaneiro.

b) Ter curmpridos 16 anos de idade.

c) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño dos traballos esixidos, acreditado mediante certificado médico onde conste que o aspirante resulta apto para o posto de traballo.

d) Non atoparse incurso en causas de incompatiblidade ou incapacidade, establecidas na lexislación vixente.

e) Estar en situación de desempregado.

f) Estar en posesión do carné de conducir que habilite a condución da motobomba.

Estes requisitos deberán poseerse o último día do prazo de presentación de instancias.

 4º.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.- As instancias, nas que se acreditará que se reúnen as condicións esixidas na base terceira, dirixiranse ao Sr. alcalde do Concello e presentaranse no Rexistro Xeral, no prazo de sete días naturais, dende a inserción do correspondente anuncio no diario La voz de Galicia.Poderán presentarse tamén na forma prevista no artigo 38.4 da Lei 30/1992 do 26 de decembro do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, debendo neste caso anticiparse a presentación da solicitude a través de calquera dos medios que permita deixar constancia e que deberá ter entrada no concello antes de que remate o prazo de presentación de solicitudes.

                        Ás instancias xuntaráselles, ademais da copia do DNI, unha relación dos méritos que se aleguen, acompañados da súa documentación acreditativa, en orixinal o fotocopia compulsada.

 5º.- ADMISIÓN DE CANDIDATOS.- Rematado o prazo de presentación de instancias, o alcalde dictará resolución aprobando a lista de admitidos e excludios, que se publicará no taboleiro de edictos da casa consistorial, dispoñendo dun prazo de tres días naturais para subsanar os defectos que motivaron a exlcusión.

No caso de non se presentaren reclamacións neste prazo a lista de admitidos quedará elevada automáticamente a definitivam , poidendo presetnarse contra a mesma os recursos procedentes.

Na mesma resolución determinaráse a data da reunión do tribunal cualificador.

 6º.- SELECCIÓN.- A selección realizarase valorando os seguientes méritos:

- Experiencia profesional en traballos de extinción de incendios: valoraráse ata 4 puntos, establecéndose 0.5 puntos por cada mes de traballo.

Non se computarán os períodos inferiores a un mes. Acreditarase mediante certificación do organismo correspondente ou copia compulsada do contrato de traballo pero sempre que se acompañe de informe de vida laboral ou documento de finalización do contrato. En todo caso, da documentación presentada, deberá deducirse claramente a data de inicio e finalización efectivas da prestación do servizo

- Coñocemento do Concello: valorarase ata 3 puntos. Este requisito poderase acreditar coa presentación do certificado de empadroamento.

- Entrevista persoal: valorarase ata 3puntos e realizarase, no caso de ser necesaria, entre os concursantes que obteñan maior puntuación. Na mesma se formularan preguntas preparadas polo tribunal, relativas ao posto de traballo a desempeñar.

A puntuación final será a resultante de sumar as puntuacións obtidas.

7º.- TRIBUNAL CAULIFICADOR.- Estará constituído polos seguintes membros titulares ou suplentes :

- Presidente: Funcionario de Grupo A ou B.

- Secretarioa:o da Corporación ou funcionario que legalmente o substitúa.

- Vogais: - Traballador laboral fixo ou funcionario, desinado polo alcalde.

               - Traballador laboral fixo ou funiconario desinado polo alcalde.

           Se aplicarán as causas de abstención e recusación previstas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/92 do réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

         O Tribunal non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de alomenos tres dos seus membros , sendo precisa sempre a presenza do presidente e secretario.

         O Tribunal esetá autorizado para resolver as dúbidas que se presenten e tomar os acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo.

 8º.- PROPOSTA DE DESIGNACIÓN.- Rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal formará a relación de aprobados pola orde de puntuación final obtida, elevando ao alcalde a proposta de designación.

Na acta da sesión incluirase unha relación dos aspirantes que non foran incluídos na relación de proposta de desinación, co fin de que, se por calquera circunstancia algún aspirante incluído non fora nomeado poiderá selo pola orde de puntuación. A dita relación quedará para ser utilizada ata o remate do contrato dos seleccionados, como reservas para cubrir posibles vacantes.

9º.- NOMEAMENTO.- O interesado disporá de dous días hábiles, desde a proposta de nomeamento para presentar na Secetaría a documentación que acredite o cumprimento das condicións da base terceira.

         O Alcalde realizará a designación definitiva, procedendo á formalización do contrato no prazo de cinco días desde a data de notificación.

            Estas bases, a súa convocatoria e cantos actos administrativos dimanen destas, poderán ser impugnadas polos interesados nos casos e coa forma prevista na Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Aranga, 30 de xuño de 2014 O ALCALDE: Asdo./ Alberto Platas Álvarez

instancia motobomba

(Para imprimir a imaxe clicar derriba e no botón dereito darlle a ver imaxe.)

Información adicional