Anuncio corrección de erros do Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Aranga

Por Orde do 9 de xullo de 2014 , ditada pola Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, aprobouse definitivamente a corrección de erros do Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Aranga, facendo constar que contra a dita Orde cabe interpoñer recurso contencioso- administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa.

A dita corrección de erros afecta ás determinacións relativas á ocupación en solo rústico contidas no PXOM, comportando cambios no apartado 4 dos artigos 8.2.1,8.2.2.,8.2.3,8.2.5,8.2.6 e 8.2.7 da normativa urbanística para adecualos á ocupación máxima correlativa permitida establecida no apartado 1 do artigo 8.1.5 sobre condicións de edificación en solo rústico.

Polo exposto procedese á publicación da corrección dos seguintes erros detectados no Capítulo 2-Categorías de solo rústico- do titulo VIII -Solo rústico, do documento "Normativa Urbanística " do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Aranga:

- Artigo 8.2.1. Apartado 4: onde dí "Ocupación máxima : 20% sobre a superficie de parcela edificable", debe decir "Ocupación máxima :segundo o establecido no artigo 8.1.5., apartado 1, letra c)".

- Artigo 8.2.2. Apartado 4 : onde dí "Ocupación máxima : 5% sobre a superficie de parcela edificable", debe decir "Ocupación máxima :segundo o establecido no artigo 8.1.5., apartado 1, letra c)".

-Artigo 8.2.3. Apartado 4: onde dí "Ocupación máxima : 20% sobre a superficie de parcela edificable", debe decir "Ocupación máxima :segundo o establecido no artigo 8.1.5., apartado 1, letra c)".

-Artigo 8.2.5. Apartado 4 : onde dí "Ocupación máxima : 5 % sobre a superficie de parcela edificable", debe decir "Ocupación máxima :segundo o establecido no artigo 8.1.5., apartado 1, letra c)".

-Artigo 8.2.6. Apartado 4: onde dí "Ocupación máxima : 20% sobre a superficie de parcela edificable", debe decir "Ocupación máxima :segundo o establecido no artigo 8.1.5., apartado 1, letra c)".

-Artigo 8.2.7. Apartado 4: onde dí "Ocupación máxima : 5 % sobre a superficie de parcela edificable", debe decir "Ocupación máxima :segundo o establecido no artigo 8.1.5., apartado 1, letra c)".

Aranga, 22 de xullo de 2014

O alcalde :

Asdo:Alberto Platas Álvarez

Información adicional