Subvencións concello de Aranga

  • imprimir

Por medio da presente comunicación ponse en coñecemento dos interesados que a Xunta de Goberno Local , na sesión que celebrou o día 3 de setembro de 2014, adoptou o seguinte acordo que se transcribe literalmente do borrador da acta :

"Primeiro: Conceder subvencións para cada unha das solicitudes que a continuación se indican, cun coeficiente de financiación do 1,00%, financiándose o 28,50% das actividades solicitadas e o 23,90% das inversións solicitadas:

- Ao Consello de Anciáns: 513,00 € para financiar o proxecto de acercamento ás redes sociais, realizando un video.

- Á Asociación de Mulleres do campo: 342,00 € para financiar a realización de talleres diversos.

-Á AAVV Muniferral, Alba Cultural e Recreativa solcita unha subvención polo importe de 2.390,00 € para financiar o acondicionamento de local social.

- Á SCRD O Cruceiro 517,27 € para a celebración do Día do Socio.

- Á AAVV O Igresario Feás 487,35 € para financiar a celebración do día das letras galegas.

- Á Asociación Socio Cultural San Salvador de Fervenzas 484,50 € para financiar actividades de formación e 979,90 € para financiar o pintado do exterior do local social.

- Á Asocaición Hípica Cabaleiros da Cima solicita 370,50 € para a celebración dunha Ruta Cabalar.

- Á ANPA CEIP A Castellana 478,00 € para a organización dun banco de libros que inclue mobiliario e libros e 285,00 € para a organización dun curso de Stevia.

- Á AAVV Santa Cruz de Aranga 1.425,00 € para un curso de restauración de mobles e 1912,00 € para a compra e colocación de parque biosaudable.

- Á AAVV San Lourenzo de Vilarraso 855,00 € para a impartición de clases de baile e 1.434,00 € para a adquisición dun terreo destinado a merendeiro.

- Á Asociación Cultural e Deportiva Val de Aranga 1.710,00 € para a impartición dun curso teórico-práctico sobre o Medio Ambiente e a súa relación cos cultivos agrícolas e 418,01 € para equipamento docente.

- Á AAVV San Pedro de Cambás 1.823,63 € para financiar o acondicionamento do Local social de Toxiño.

-Á Federación Veciñal Fragas do Mandeo unha subvención para financiar os autobuses que se utilicen na excursión anual conxunta de todas as asociacións e a financiación dunha actuación musical con motivo do entroido e 2.390,00 € para ampliación da carpa.

- Á Asociación San Vicente de Fervenzas unha subvención de 2390,00 € para a adquisición de carpa.

- Á Club Xuventude A Castellana 1.539,00 € para financiar a participación en maratóns, ligas de Peñas etc.

Segundo: Denegar a subvención solicitada por Cofradía Virxe das Angustias, polo seu carácter confesional.

Terceiro: O presente acordo seralles notificado expresamente a todos os solicitantes, no prazo de dous meses e será exposta no taboleiro de anuncios da casa consistorial e na práxina web do Concello. Contra a desestimación expresa ou presunta poderán formularse os recursos que procedan.

Cuarto: Os beneficiarios deberán manifestar, no prazo de quince días hábiles dende a recepción da notificación da concesión, a súa aceptación expresa, debendo cumprir as obrigas establecidas na base 7 da convocatoria.

Quinto: O prazo para xustificar a realización da actividade será de tres meses a contar dende a recepción da comunicación da subvención, puidando prorrogarse no caso de petición motivada do beneficiario."