Formalización do DNI en Aranga

  • imprimir

Por medio do presente documento ponse en coñecemento das persoas interesadas que os días que se sinalan a continuación, do ano 2015, prestará servizo, no Excmo. Concello de Betanzos, persoal da Xefatura Superior de Policía para a formalización do Documento Nacional de Identidade.

Días de tramitación ano 2015

8, 9, 12, 13, e 14 de Xaneiro de 2015.

15, 16, 17, 18 e 19 de Xuño de 2015.

A inscrición para poder acudir nestas datas debe facerse no Concello de Betanzos, indicando: Nome e apelidos, nº DNI e teléfono de contacto.

Para máis información poden acudir a este Concello donde o informarán sobre as dúbidas que lle poidan surxir.

O que se fai público para o xeral coñecemento.

Aranga, 23 de Decembro de 2014.

O ALCALDE

Asdo.: Alberto Platas Álvarez