APOIO Ó SECTOR LÁCTEO

Tendo recibido o comunicado subscrito polas principais organizacións sindicais agrarias de Galicia: ASAJA Galicia, Sindicato Labrego Galego e Unión Agrarias, no que se denuncia a situación de crise que está a sufrir o sector lácteo galego, especialmente as explotacións lácteas e as familias, que teñen invertidos todos os seus bens e esforzos na producción do leite, como Alcalde do Concello de Aranga, e querendo manifestar o meu apoio aos gandeiros galegos, convoquei un pleno municipal, que se celebrou no día de onte, no que se aprobou, por unanimidade, subscribir o " Manifesto contra as imposicións ilegais das industrias aos produtores de leite de Galicia", elaborado polas formacións sindicais.

Coa aprobación deste acordo solicítase dos organismos competentes a adopción das medidas precisas para solventar esta situación que tan inxustamente están a padecer os nosos gandeiros, aos que manifestamos o noso apoio e solidariedade.

Aranga, 6 de maio de 2015

Información adicional