autobús para asistir a manifestación convocada en Santiago de Compostela, para a defensa do Sector Lácteo.

bando

(MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DO SECTOR LÁCTEO)

Por medio do presente bando ponse en coñecemento das persoas interesadas que o vindeiro venres día 17 de Xullo de 2015, este Concello poñerá a disposición dos gandeiros interesados un autobús para asistir a manifestación convocada en Santiago de Compostela, para a defensa do Sector Lácteo.

IMPORTANTE:

Interesados en asistir, deberán anotarse antes das 14,00 horas do día 16 de Xullo, chamándo á Cooperativa Cusoviame de Cambás, ao teléfono 981-195694.

Lugar de Saída:

As 10,00 horas, diante da Cooperativa de Cambas, sita no Lugar de Toxiño.

O autobús parará no Lugar de Carballal, Reborica, A Castellana e Montesalgueiro.

O que se fai público para o xeral coñecemento.

Aranga, 14 de Xullo de 2015.

O ALCALDE

Asdo.: Alberto Platas Álvarez

Información adicional