ANUNCIO 15/07/2016

ANUNCIO.-

O Pleno Municipal na sesión que celebrou o día 14 de xullo de 2016 aprobou inicialmente o expediente de Modificación de Créditos nº1/3/CS/2016, suplemento de créditos, financiados co remanente líquido de tesorería, polo importe de 14.100,00 €.

En cumprimento do disposto no artigo 177.2 en relación co 169 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 do 5 de marzo, que aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, expónse ao público durante o prazo de quince días hábiles dende o día seguinte á insercción do presente anuncio , a efectos de que os interesados poidan examinalo e presentar as reclamacións ou alegacións que estimen oportunas.

De non presentarse reclamacións durante dito prazo, o expediente considerarase definirivamente aprobado.

Aranga,15 de xullo de 2016

O alcalde :

Asdo/Alberto Platas Álvarez

Información adicional