Exponse ao público a ordenanza municipal reguladora dos procedementos de intervención administrativa nos actos do uso do solo e subsolo e no exercicio de actividades e apertura de establecementos no Concello de Aranga

Polo pleno municipal, na sesión ordinaria do día 7 de setembro de 2017, acordouse aprobar a ordenanza municipal reguladora dos procedementos de intervención administrativa nos actos do uso do solo e subsolo e no exercicio de actividades e apertura de establecementos no Concello de Aranga , que se expón ao público, na secretaría municipal, polo prazo de trinta días a contar dende o seguinte á inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, a efectos de que os interesados poidan presentar as alegacións e suxerencias que estimen pertinentes.

De non presentarse alegacións , o acordo de aprobación quedará elevado a definitivo.

Aranga, 11 de setembro de 2017

O alcalde :

Asdo:Alberto Platas Álvarez

Información adicional