Novas en relación ao Orzamento Xeral Municipal para o exercicio 2018

                    O Pleno da Corporación logo de aprobar o Orzamento Xeral Municipal para o exercicio de 2018, o cadro de persoal funcionario e laboral e restante documentación complementaria para o dito exercicio, en cumprimento do que se dispón no artigo 169 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e nas disposicións concordantes, expónse ao público na Secretaría deste Concello, polo prazo de quince días hábiles -que se empezarán a contar desde o día seguinte á inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia- co fin de que durante este prazo poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, as cales deberán ser dirixidas ao Sr. presidente desta Corporación.No caso de non terse presentado reclamacións entenderáse definitivamente aprobado

 

                    Aranga, 19 de xullo de 2018

 

                    O Alcalde :

 

 

 

                    Asdo:Alberto Platas Álvarez

Información adicional