bases concurso de disfraces entroido 2019

ANUNCIO: APROBACION BASES REGULADORAS DO CONCURSO DE DISFRACES ENTROIDO 2019

Por resolución de Alcaldía número 2019/G003/000043 aprobáronse as bases e convocatoria para a participación no concurso de disfraces con motivo do entroido 2019, que a continuación se transcriben:

ENTROIDO 2019

BASES DO CONCURSO DE DISFRACES

Con motivo do Entroido 2019 o Concello de Aranga organiza a celebración do entroido o sábado 23 de febreiro , a partir das 16:30h no polideportivo Laura Centoira Yañez, da Castellana. Para fomentar a participación convócase por primeira vez o concurso de disfraces de acordo coas seguintes bases:

PRIMEIRA. Para participar é obrigatorio inscribirse podendo facelo:

  • No Departamento de Cultura do Concello de Aranga, chamando ao 981793590 ata o 22 de febreiro, en horario de 9:30 a 14:30h.
  • No politeportivo o mesmo día do concurso de 17:00 ata 18:45 horas.

No momento da inscrición deberase indicar o número de compoñentes e o nome de identificación cara o concurso.

SEGUNDA: Haberá 2 modalidades con subcategorías:

– Grupal: Considéranse grupos un conxunto de persoas de mín. 4 compoñentes representando un mesmo motivo. Nesta categoría dous dos participantes teñen que estar empadroados/as no Concello de Aranga.

Nesta categoría conta con dúas subcategorías: Infantil (0-6 anos) e Xuvenil (7-15 anos) e maiores de 16 anos

– Individual: Nesta modalidade poderán participar todos os nenos e nenas dentro da subcategoría correspondente por idade Preescolar 0-3 anos ; infantil 4-12 anos ; xuvenil 12-18 anos; maiores + 19 anos

A mesma persoa non poderá participar en máis dunha categoría

TERCEIRA: Os premios establecidos polo Departamento de Cultura son:

Individual

Preescolar 0-3 anos: 20€

Infantil 4-12 anos: 20€

Xuvenil 12-18 anos: 25€

Maiores + 19 anos: 30€

Grupais

Infantil 0-6 anos: 30€

Xuvenil 7-15 anos: 45€

Maiores de 16 anos: 60€

CUARTA: A cualificación das distintas modalidades será determinada polo xurado do concurso que estará composto por catro representantes nomeados polo Departamento de Cultura do Concello de Aranga.

QUINTA: Durante o desenvolvemento do evento, o xurado valorará:

Disfraces dos Grupos :

- Vestiario e maquillaxe: 0 a 4 puntos

- Traballo feito a man e emprego de materiais de refugallo: 0 a 4 puntos

- Orixinalidade: 0 a 3 puntos

- Coreografía e música: 0 a 3 puntos

- Organización e efecto do conxunto: 0 a 3 puntos

- Simpatía (involucrar ao público): 0 a 5 puntos

Disfraces Individuais (infantís e adultos):

- Orixinalidade do vestiario: 0 a 4 puntos

- Traballo feito a man e emprego de materiais de refugallo: 0 a 4 puntos

- Maquillaxe: 0 a 2 puntos

- Simpatía (involucrar ao público): 0 a 5 puntos

SEXTA: Desenvolvemento do concurso:

Os participantes que precisen de música deberán traer en formato CD.

A entrega de premios terá lugar o mesmo día de celebración do concurso, unha vez feita a avaliación polo Xurado.

SÉTIMA: A orde de saída no desfile será coincidindo coa orde de inscrición nas diferentes modalidades.

OITAVA: A participación no concurso supón a aceptación destas bases, sendo a decisión do xurado inapelable.

Os presentes premios serán outorgados con cargo á partida orzamentaria 334.22609 do orzamento prorrogado e levarán consigo a retención en concepto de IRPF que resulte da aplicación segundo as normas contidas na normativa reguladora do imposto.

Alberto Platas Álvarez

Alcalde do Concello de Aranga

Información adicional