xornada de portas abertas no centro violeta

 

inauguracin foto grupo

O venres tivo lugar a xornada de portas abertas da Casa Niño e Casa do Maior (Centro Violeta), no lugar de Orosa, a xerencia deste centro fíxonos chegar un convite para coñecer estes espazos nos que compartirán instalacións nenos de menos de 3 anos e maiores de 65 anos beneficiarios da dependencia en nivel I e II, respectivamente. Quedamos gratamente sorprendidos polo bo recibimento, pola participación dos veciños e veciñas e por contar cunhas instalacións tan ben acondicionadas e con persoal tan competente. Non podemos deixar de aledarnos polos veciños e veciñas que van poder beneficiarse deste servizo.

Información adicional