Taxa pola prestación do servizo de abastecimento de auga potable

O Pleno Municipal, na sesión que se realizou o día 15 de febreiro de 2012 adoptou o acordo de aprobar, provisionalmente, a modifiación da imposición e ordenación da ordenanza fiscal nº 11 reguladora da Taxa pola prestación do servizo de abastecimento de auga potable.

 

Expónse ao público o presente acordo durante o prazo de trínta días, que se contarán a partir do seguinte á inserción deste anuncio no BOP , dentro do cal os interesados poderán examinar o expediente na Secretaría-Intervención, e presentar as reclamacións ou as suxestións que estimen oportunas.

De non presentarse reclamacións durante o dito prazo, o acordo provisional quedará elevado a definitivo automáticamente.

Aranga, 15 de febreiro de 2012

O alcalde :

Información adicional