INSPECCIÓN TÉCNICA DE MAQUINARIA AGRÍCOLA 2016

bandoitv

DATAS RENOVACIÓN DO DNI EN BETANZOS

bandodni

O CONCELLO DE ARANGA CON PARIS

lazo negro

Debido ó acaecido na cidade de París, suspéndese a retransmisión da " II Proba Aberta de Cetraría Cidade da Coruña" por parte da TVG.

autobús para asistir a manifestación convocada en Santiago de Compostela, para a defensa do Sector Lácteo.

bando

(MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DO SECTOR LÁCTEO)

Por medio do presente bando ponse en coñecemento das persoas interesadas que o vindeiro venres día 17 de Xullo de 2015, este Concello poñerá a disposición dos gandeiros interesados un autobús para asistir a manifestación convocada en Santiago de Compostela, para a defensa do Sector Lácteo.

IMPORTANTE:

Interesados en asistir, deberán anotarse antes das 14,00 horas do día 16 de Xullo, chamándo á Cooperativa Cusoviame de Cambás, ao teléfono 981-195694.

Lugar de Saída:

As 10,00 horas, diante da Cooperativa de Cambas, sita no Lugar de Toxiño.

O autobús parará no Lugar de Carballal, Reborica, A Castellana e Montesalgueiro.

O que se fai público para o xeral coñecemento.

Aranga, 14 de Xullo de 2015.

O ALCALDE

Asdo.: Alberto Platas Álvarez

RESOLUCIÓN SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS 2015

TABOLEIRO DE ANUNCIOS.

Por medio da presente comunicación ponse en coñecemento dos interesados que a Xunta de Goberno Local , na sesión que celebrou o día 11 de maio de 2015, adoptou o seguinte acordo que se transcribe literalmente do borrador da acta :

"Primeiro: Conceder subvencións para cada unha das solicitudes que a continuación se indican, cun coeficiente de financiación do 1,00%, financiándose o 47% das actividades solicitadas e o 22% das inversións solicitadas:

- Ao Club Xuventude A Castellana 1.861,20 € para actividade de fútbol en liga de peñas da 1ª división e 1.912,68 € para adquisición de material de adestramento.

- A.VV. San Lourenzo de Vilarraso 2.820,00 € para a organización de clases de baie e 2.200,00 € para inversión consistentes en delimitación de prazas e outras obras no aparcadoiro.

- A Federación Veciñal Fragas do Mandeo 2.200,00 € para a adquisición de dous tramos para a ampliación da carpa e 3.200,00 € para o autobus da excursión de toda as asociacións e para a festa do Entroido.

- A A.VV. Santa Cruz de Aranga 1.760,00 € para compra e acondicionamento do campo da festa de Pousadoiro e 1.410,00 € para a organización dunha festa infantil.

- A Asociación sociocultural San Salvador de Fervenzas 2.035,00 € para o retellado do local social de Milreo e 2.439,30 € para a organización dun curso de Ingles.

- A A.VV. San Vicente de Fervenzas Cultural e Recreativa solicita 2.024,00 € para a construcción de galpón para gardar material.

-A A.VV. San Pedro de Cambás solicita 1.383,80 e para a reparación de fachada e cambio de ventanas e porta do local social.

- A Xunta Local de Aranga da AECC solicita 235, 00 € para activiades de campañas de prevenciíon, atención psicolóxica e voluntariado.

- A A.VV. Muniferral Alba Cultural e Recreativa 2.820,00 € para a organización de cursos varios e 2.200,00 € para acondicionamento de local social.

- ANPA CEIP A Castellana 338,40 € para a organización da actividade "Un día en familia" que consiste nunha visita a Illa de Ons.

- O Consello de Anciáns de Cambás unha subvención de 423,00 € para taller de memoria e recuperación física.

- A Asociación de Mulleres do Campo de Cambás 423,00 € para Taller de Pilates e activiade física.

- Samuel Rodriguez Quintian solicita 235,00 € para adquisición de de material deportivo.

- David Cruz Soto solicita 432,40 € para material deportivo.

Segundo : O presente acordo seralles notificado expresamente a todos os solicitantes, no prazo de dous meses e será exposta no taboleiro de anuncios da casa consistorial e na práxina web do Concello. Contra a desestimación expresa ou presunta poderán formularse os recursos que procedan.

Cuarto: Os beneficiarios deberán manifestar, no prazo de quince días hábiles dende a recepción da notificación da concesión, a súa aceptación expresa, debendo cumprir as obrigas establecidas na base 7 da convocatoria.

Quinto: O prazo para xustificar a realización da actividade ou inversión será ata o 30 de novembro de 2015, sen posibilidade de solicitar prórroga."

Aranga, 12 de maio de 2015

O alcalde :

Asdo:Alberto Platas Álvarez

APOIO Ó SECTOR LÁCTEO

Tendo recibido o comunicado subscrito polas principais organizacións sindicais agrarias de Galicia: ASAJA Galicia, Sindicato Labrego Galego e Unión Agrarias, no que se denuncia a situación de crise que está a sufrir o sector lácteo galego, especialmente as explotacións lácteas e as familias, que teñen invertidos todos os seus bens e esforzos na producción do leite, como Alcalde do Concello de Aranga, e querendo manifestar o meu apoio aos gandeiros galegos, convoquei un pleno municipal, que se celebrou no día de onte, no que se aprobou, por unanimidade, subscribir o " Manifesto contra as imposicións ilegais das industrias aos produtores de leite de Galicia", elaborado polas formacións sindicais.

Coa aprobación deste acordo solicítase dos organismos competentes a adopción das medidas precisas para solventar esta situación que tan inxustamente están a padecer os nosos gandeiros, aos que manifestamos o noso apoio e solidariedade.

Aranga, 6 de maio de 2015

Información adicional