Corte estrada A Castellana-Ponte Aranga

A estrada que une A Castellana e Ponte-Aranga permanecerá cortada por obras dende as 9:00 ata as 18:30h, os días 5, 6 e 7 de febreiro.

Desculpen as molestias.

No caso de que alguén teña que pasar de urxencia que avise ao concello.

exposición pública da cesión dun local para o proxecto piloto de casa niño

De conformidade co acordo adoptado polo pleno municipal con data 13/08/2018 en relación coa cesión gratuita dunha das partes en que se divide o Centro Social antigua escola en Orosa-Vilarraso, con destino a súa utilización e acondicionamento como proxecto piloto de casa niño, exponse ao público o acordo , durante o prazo de vinte días contados a partir do seguinte á insercción do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, a efectos de alegacións que, no caso de non producirse, determinará que o acordo devirá definitivo.

Aranga, 4 de febreiro de 2019

O alcalde :

Asdo:Alberto Platas Álvarez

convocatoria pública para cubrir a praza de Xuíz de paz substituto deste xulgado de paz do concello de aranga

O Concello de Aranga anuncia a convocatoria pública para cubrir a praza do Xuíz de Paz Substituto deste Xulgado de Paz.

Os aspirantes poderán presentar as súas solicitudes no prazo de quince días hábiles, que se contarán desde a publicación deste Edicto no Boletín Oficial da Provincia, acompañadas da seguinte documentación:

-Certificado de nacemento ou fotocopia autentificada do DNI

-Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes e a declaración complementaria a que se refire o artigo 2.1 da Lei 68/1980, relativa a non estar inculpado nin procesado.

- Certificación médica de non padecer enfermidade física ou psíquica que incapacite para o exercicio do cargo.

- Declaración xurada de non estar incurso en causas de incompatibilidade.

-Xustificación de méritos que se aleguen.

O expediente completo poderá ser examinado polos aspirantes que o desexen, na Secretaría deste Concello.

Aranga, 18 de xaneiro de 2019

O ALCALDE

Asdo./ Alberto Platas Álvarez

itv maquinaria agrícola ( nova de ubicación)

bando itv2018

RECOLLIDA PLÁSTICOS AGRÍCOLAS DO 26 DE NOVEMBRO DE 2018

bando plsticos 2018

Acordo de concesión de subvencións municipais 2018 e prazo de xustificación

 

Por medio da presente comunicación ponse en coñecemento dos interesados que a Xunta de Goberno Local , na sesión que celebrou o día 30 de outubro de 2018 adoptou o seguinte acordo que se transcribe literalmente do borrador da acta :

 

Ler máis:Acordo de concesión de subvencións municipais 2018 e prazo de xustificación

Información adicional