DECLARACIÓN DA REDE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

lingua2

DECLARACIÓN DA REDE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

CON MOTIVO DO

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

21 de febreiro de 2013

 

O Día Internacional da Lingua Materna, instituído pola Unesco no ano 1999, convídanos a contemplar a diversidade lingüística humana coma unha vantaxe que contribúe tanto á riqueza cultural coma ao desenvolvemento dos pobos.

 

Esta visión tan axeitada e actual contrasta coa tradicional desconfianza que, dende os tempos bíblicos e o mito de Babel, presenta os idiomas como impedimentos para o entendemento entre persoas e comunidades. Mais, paradoxalmente, as linguas non só son os instrumentos de comunicación humana por excelencia, senón tamén os alicerces sobre os que construímos as nosas identidades, tanto individuais coma colectivas.

 

A Rede de Dinamización Lingüística súmase, pois, con alegría, á celebración do Día da Lingua Materna, cuxa filosofía comparte enteiramente. E faino consciente de que a contribución de Galicia a esa diversidade lingüística, sen a que non é posible o benestar dos pobos e o desenvolvemento equilibrado, é o seu idioma propio, a lingua orixinaria e exclusiva desta terra, portadora dunha cultura particular: o galego.

 

Ler máis: DECLARACIÓN DA REDE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

PROXECTO MANDEO

 deputacion

       O día 22 de xaneiro Diego Calvo, Presidente da Deputación da Coruña, visitou o noso concello coa fin de coñecer as obras realizadas gracias ó PROXECTO MANDEO, en concreto a depuradora que comezou a funcionar recentemente no lugar de Ponte Aranga, este proxecto responde á necesidade de crear unha rede de saneamento de augas que contribúa ó mantemento do noso medio natural, e en concreto a calidade das augas do río Mandeo.

ACTIVIDADES DO NADAL

VISITA DOS REIS MAGOS AO CEIP A CASTELLANA O 18 de nadal a partir das 11:00h

Festival de nadal do CEIP A Castellana VENRES 21 DE DECEMBRO a partir das 10:30h
Actuacións: EMF de Aranga, MAGO FON e chocolate para todos e todas

Festival de nadal do Concello de Aranga SÁBADO 22 DE DECEMBRO
de 16:30 a 20:30h no Pavillón Municipal con Espectáculo de clown “RESUELTAS”
con música en directo,danza e acrobacias.
FANTASÍA ANIMACIÓN
INCHABLES
SORTEO DE AGASALLOS
GRAN CHOCOLATADA
VISITA DOS PAXES DOS SS.MM. REIS MAGOS E O APALPADOR

Ler máis:ACTIVIDADES DO NADAL

UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE MAQUINARIA AGRÍCOLA

BANDO

    Por medio do presente documento ponse en coñecemento dos veciños do Municipio que a UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE MAQUINARIA AGRÍCOLA, prestará servizo neste Concello, na “estrada da Castellana que vai da Casa Santiago ao Centro de Saúde”, durante os días:
-  2 ,   3  e   4  de Xaneiro de 2013  
 co horario seguinte:
MAÑÁS: de 9 a 13,30 horas.
TARDES: de 15,30 a 18 horas.

e  7  de Xaneiro  de 2013
de 9 a 13,30 horas.

    Asignarase día e hora de atención ao público directamente na móbil desde o primeiro día de chegada ou chamando ao teléfono: 8 8 1  9 2 0  9 7 8.

    O que se fai público para o xeral coñecemento.

    Aranga, 7 de Decembro de 2012.

                            O ALCALDE                                                                                        
                         Asdo./ Alberto Platas Alvarez.

DATAS PARA FORMALIZAR O DOCUMENTO NACIONAL DE IDENTIDADE NO CONCELLO DE BETANZOS


(Copia do bando exposto ó público)

Por medio do presente documento ponse en coñecemento das persoas interesadas que os días que se sinalan a continuación, do ano 2013, prestará servizo, no Excmo. Concello de Betanzos, persoal da Xefatura Superior de Policía para a formalización do Documento Nacional de Identidade.

Días de tramitación ano 2013

6, 7, 8, 13, 14 e 15 de Febreiro

4, 5, 8 e 9 de Xullo

 A inscrición para poder acudir nestas datas debe facerse no Concello de Betanzos, indicando: Nome e apelidos, nº DNI e teléfono de contacto.


Para máis información poden acudir a este Concello donde o informarán sobre as dúbidas que lle poidan surxir.
O que se fai público para o xeral coñecemento.

Aranga, 27 de Novembro de 2012.

O ALCALDE
Asdo.: Alberto Platas Álvarez

 

RESOLUCIÓN SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS

Por medio da presente comunicación ponse en coñecemento dos interesados que a Xunta de Goberno Local, na sesión que se celebrou o día 7 de novembro de 2012, adoptou o seguinte acordo que se transcribe literalmente do borrador da acta:

"Primeiro: Conceder subvencións, para cada unha das solicitudes que a continuación se indican, do 47% do importe solicitado para actividades e do 39% dos importes solicitados para inversións. O coeficiente de financiación será do 1,00%, tendo en conta as solicitudes sinaladas como prioritarias por cada unha das asociacións:

Ler máis:RESOLUCIÓN SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS

Información adicional