RESOLUCIÓN SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS

Por medio da presente comunicación ponse en coñecemento dos interesados que a Xunta de Goberno Local, na sesión que se celebrou o día 7 de novembro de 2012, adoptou o seguinte acordo que se transcribe literalmente do borrador da acta:

"Primeiro: Conceder subvencións, para cada unha das solicitudes que a continuación se indican, do 47% do importe solicitado para actividades e do 39% dos importes solicitados para inversións. O coeficiente de financiación será do 1,00%, tendo en conta as solicitudes sinaladas como prioritarias por cada unha das asociacións:

Ler máis:RESOLUCIÓN SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS

PROGRAMA DE VACACIÓNS PARA MAIORES DO IMSERSO 2012/2013

 

Modalidades:

  • Estadías en zonas costeiras.
  • Viaxes culturais para coñe er a historia e arte de España
  • Turismo de natureza con rutas por paisaxes pintorescos
  • Intercambio con outros paises

Teléfonos: 601.10.98.99  Concello 981 793 551

ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLO SERVIZO DE ACCESO A INTERNET A TRAVÉS DA REDE SEN FÍOS MUNICIPAL WIFI DE ARANGA

Non presentándose alegacións durante o prazo de exposición ao público, queda elevado a definitivo o acordo do Pleno municipal de Aranga adoptado en data 19 de xullo de 2012, relativo a imposición do prezo público polo servizo de acceso a internet a través da rede sen fíos municipal Wifi, así como a ordenación a través da correspondente ordenanza, cuxo texo íntegro faise público no cumprimento do establecido no artigo 17.4 do Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais.

Ler máis:ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLO SERVIZO DE ACCESO A INTERNET A TRAVÉS DA REDE SEN...

ACTUALIZACIÓN NO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DE NATUREZA URBANA

IBIComunícaselles a todos os cidadáns que, con motivo da ACTUALIZACIÓN NO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DE NATUREZA URBANA (IBI) no municipio de Aranga, a empresa EIBISA NORTE SL, adxudicataria do contrato de "Asistencia técnica para o mantemento da xestión catastral" coa Deputación Provincial da Coruña, estará á súa disposición para a tramitación das ALTAS,

Lei 48/2002, do 23 de decembro, do Catastro Inmobiliario. (BOE 307). Art..5. 4. a)

"Serán obxecto da declaración (..)los seguintes feitos, actos ou negocios.

Ler máis:ACTUALIZACIÓN NO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DE NATUREZA URBANA

EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PXOM

Por medio do presente bando ponse en coñecemento das persoas interesadas, que de conformidade co artigo 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, que o Pleno Municipal do concello de Aranga, na sesión que se realizou o día 10 de abril de 2012, aprobou o Plan Xeral de Ordenación Municipal, con carácter previo á aprobación provisional, así como o informe de sostibilidade ambiental e as propostas de convenios urbanísticos que se integran nel.

Ler máis:EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PXOM

NOVAS PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE ARANGA.

Por medio do presente Bando, pónse en coñecemento de todos os veciños do termo municipal, que o Pleno Municipal, na sesión que realizou o dia 10 de abril de 2012, fíxo a segunda aprobación inicial ao Plan Xeral de Ordenación Municipal de Aranga.
 
    Iníciase un novo período de exposición pública de dous meses que se contarán dende o día seguinte a inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ler máis:NOVAS PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE ARANGA.

Información adicional