BASES PARA A CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DUN PEON TRACTORISTA NO CONCELLO DE ARANGA MEDIANTE CONCURSO DE MÉRITOS

Convócase concurso de méritos para a selección dun/a peón- tractorista neste concello de Aranga, durante o prazo dun ano.

Méritos que se valoran: experiencia profesional, coñecemento do termo municipal, cursos realizados e entrevista.

Presentación de instancias: no Rexistro Xeral do Concello no prazo de sete días hábiles dende a inserción deste anuncio.

Bases da convocatoria: poderán examinarse na Secretaría do Concello e na páxina we do concello:

www.aranga.es.

Ler máis:BASES PARA A CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DUN PEON TRACTORISTA NO CONCELLO DE ARANGA MEDIANTE...

Taxa pola prestación do servizo de abastecimento de auga potable

O Pleno Municipal, na sesión que se realizou o día 15 de febreiro de 2012 adoptou o acordo de aprobar, provisionalmente, a modifiación da imposición e ordenación da ordenanza fiscal nº 11 reguladora da Taxa pola prestación do servizo de abastecimento de auga potable.

Ler máis:Taxa pola prestación do servizo de abastecimento de auga potable

Orzamento Xeral Municipal exercicio de 2012, e cadro de persoal

Escudo Aranga pequenoO Pleno da Corporación logo de aprobar o Orzamento Xeral Municipal para o exercicio de 2012, o cadro de persoal e a relación de postos de traballo para o dito exercicio, en cumprimento do que se dispón no artigo 169 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e nas disposicións concordantes, expónse ao público na Secretaría deste Concello,

Ler máis:Orzamento Xeral Municipal exercicio de 2012, e cadro de persoal

UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE MAQUINARIA AGRÍCOLA

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Maquinaria Agrícola, prestará servizo deste concello, na " estrada da Castellana que vai da Casa Santiago ao Centro de Saúde",

durante os días:

- 2, 3, 4, 9, 10 de xaneiro de 2012 con horario seguinte:

MAÑÁS: de 9:00 a 13:30 horas

TARDES: de 15:30 a 18:00 horas

- 5 de xaneiro de 2012 co horario seguinte:

MAÑÁ: DE 9:00 A 13:30 horas

Asignarase día e hora de atención ao público directamente na móbil desde o primeiro día da chegada a este Municipio ou chamando ao teléfono: 881920978

FORMALIZACIÓN DO DOCUMENTO NACIONAL DE IDENTIDADE

As persoas interesadas en formalizar o seu DNI. Poderan facelo os días: 16, 17, 18, 19 e 20 de xaneiro 27, 28 e 29 de xuño Do ano 2012 no Excmo. Concello de Betanzos, onde se personará o persoal da Xefatura Superior de Policía. A inscrición deberá facerse no Concello de Betanzos, indicando: Nome e apelidos, nº DNI e teléfono de contacto.

Información adicional